InicioPOLÍTICAUCIN nomea a Diego Adrián Mallo como coordinador en Santiago e preséntase...

UCIN nomea a Diego Adrián Mallo como coordinador en Santiago e preséntase como nova forza local

O partido aposta por unha política centrada nas persoas, sen dependencia de estruturas externas e con vocación municipalista

Publicado o

Xornal de Compostela

A formación política Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) vén de anunciar o nomeamento de Diego Adrián Mallo como coordinador da súa agrupación en Santiago de Compostela, nun paso que marca o seu inicio formal como organización política na cidade.

UCIN preséntase como unha nova alternativa local, afastada das estruturas dos partidos tradicionais e cunha aposta firme pola independencia política, a proximidade veciñal e o coñecemento directo da realidade compostelá. Segundo explican nun comunicado, trátase dun proxecto integrado por persoas que viven e coñecen a cidade, os seus barrios e o seu rural, e que aspiran a canalizar “traballo serio”, “diálogo aberto” e unha “defensa activa da cidadanía”.

A organización define a súa proposta como plural e centrada nas persoas, rexeitando “promesas baleiras” e apostando pola “construción conxunta dunha cidade mellor”. Cun discurso que apela á responsabilidade política e á escolla consciente dunha maneira diferente de facer política, UCIN busca abrirse paso como unha forza que prioriza as necesidades reais da veciñanza fronte a intereses alleos ao ámbito local.

A chegada de UCIN á capital galega coincide cun contexto de fragmentación política e crecente demanda de alternativas que se sitúen fóra do espectro partidario clásico. Neste sentido, a designación de Mallo como coordinador en Santiago constitúe un primeiro paso na implantación do partido a nivel municipal, co obxectivo de constituírse nun interlocutor activo nas demandas da cidadanía.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

O PSOE reclama utilizar as 12 prazas vacantes da UMAD para reforzar Bombeiros e Policía Local

Os concelleiros socialistas Marta Abal e Gumersindo Guinarte reclamaron esta mañá unha reacción “inmediata”...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here