InicioPOLÍTICABouza anuncia que optará á reelección como secretario xeral do PSOE de...

Bouza anuncia que optará á reelección como secretario xeral do PSOE de Santiago

O dirixente destaca o impulso da militancia e critica a xestión do actual goberno local

Publicado o

Xornal de Compostela

O actual secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, confirmou este xoves a través das súas redes sociais que se presenta para seguir liderando a formación na capital galega. Nun vídeo difundido nas súas redes sociais, Aitor Bouza destaca que nestes meses a formación “recuperou a forza da militancia” e abriuse á cidade.

“Agora toca seguir, contigo, construíndo o futuro que Santiago merece“, indica o dirixente socialista, que asegura que o PSOE na cidade estivo “a defender” os dereitos do veciños pero subliña que “aínda queda moito por facer”. E é que, conforme sostén, “a cidade está parada, a vivenda é inasumible para os mozos e as súas familias, os barrios están esquecidos e os servizos públicos saturados”. “Santiago non necesita unha alcaldesa que só venda fume, necesita futuro”, indica.

Aitor Bouza foi elixido en outubro de 2023 como novo secretario xeral do PSOE compostelán, tomou o mando tras unha etapa na que unha xestora se fixo cargo do a agrupación local tras a derrota nas urnas do alcalde Xosé Sánchez Bugallo. Durante o seu período á fronte do partido tivo lugar crise no grupo municipal, que derivou na expulsión de catro concelleiros (Mila Castro, Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez) por desatender as liñas marcadas pola a dirección. Con iso, os socialistas pasaron a ter só dous edís na capital galega (Gumersindo Guinarte e Marta Aval).

Bouza, próximo ao líder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, é tamén membro da executiva galega do Partido Socialista, na que ocupa a secretaría de Acción Territorial e Formación.

ASEMBLEA LOCAL, O SÁBADO

Polo momento, Aitor Bouza é o único socialista da capital galega que deu un paso adiante para disputar a Secretaría Xeral do PSOE local. O prazo para que os aspirantes poidan presentar as súas candidaturas finaliza o venres ás 11,00 horas e a asemblea local terá lugar o sábado, día 7 de xuño.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...