InicioSANTIAGOMercedes Rosón presentará a Pérez Touriño nun acto ao tempo que o...

Mercedes Rosón presentará a Pérez Touriño nun acto ao tempo que o PSOE de Santiago celebra unha asemblea local

O Partido Socialista de Santiago celebrará o vindeiro xoves, día 22 de maio, unha asemblea xeral extraordinaria ás 19,00 horas, á mesma hora á que un dos seus militantes destacados, Emilio Pérez Touriño, ofrecerá unha conferencia que presentará unha das edís expulsadas da formación, Mercedes Rosón

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Socialista de Santiago celebrará o vindeiro xoves, día 22 de maio, unha asemblea xeral extraordinaria ás 19,00 horas, á mesma hora á que un dos seus militantes destacados, o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ofrecerá unha conferencia que presentará unha das edís expulsadas da formación, Mercedes Rosón.

En concreto, segundo a convocatoria á que tivo acceso Europa Press, a asemblea foi fixada para as 19,00 horas en primeira convocatoria –19,30 horas en segunda– e como único punto figura a análise da situación do partido na actualidade.

Fontes da formación consultadas por Europa Press informaron de que se trata dunha reunión na que se dará conta da situación actual do partido, tras os últimos cambios producidos. E é que o pasado venres, confirmouse o pase a non adscritos do catro concelleiros expulsados da formación —Mila Castro, Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez–.

Na reunión, que estas fontes enrmarcaron no normal desenvolvemento da vida orgánica do partido, non se abordará a convocatoria do proceso de renovación da executiva local, tendo en conta que a dirección provincial do partido aínda non convocou o calendario para o desenvolvemento dos congresillos locais na provincia, unhas citas que deberán celebrarse antes de finais do mes de xuño.

Deste xeito, a reunión convocada pola dirección do PSOE compostelán terá lugar á mesma hora que está previsto que o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño ofreza unha conferencia sobre os desafíos de Europa.

O evento, baixo o título ‘O dilema europeo e a ruptura da orde mundial‘, terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC e será presentado pola edil expulsada do PSOE, Mercedes Rosón, quen ata a súa saída do Partido Socialista tamén era unha militante destacada da agrupación de Santiago, onde foi concelleira de Urbanismo e outras responsabilidades durante varias etapas.

ÚLTIMAS

A Xunta formaliza a candidatura de Santiago para ser Cidade Europea da Ciencia en 2028

A Xunta de Galicia formalizou este xoves a súa candidatura para que Santiago de...

‘Lingua Vital’ convoca unha asemblea multitudinaria na Quintana para ratificar un protocolo de medidas en defensa do galego

A plataforma 'Lingua Vital' convocou para este sábado 14 de marzo, ás 12:00, unha...

Polémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza” e a Xunta defende o novo trazado para non afectar ao Banquete...

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, defendeu este xoves o...

A USC xa ten nova reitora: Rosa Crujeiras acada a vitoria co 61,65% dos votos

A Universidade de Santiago de Compostela xa ten nova reitora. A catedrática de Estatística...

Polémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza” e a Xunta defende o novo trazado para non afectar ao Banquete...

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, defendeu este xoves o...

O PSdeG denuncia a falta de actuación municipal tras un desprendemento entre as rúas Berlín e Lisboa

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a falta de actuación do goberno local...

María Rozas participa en Cabo Verde na creación da Rede de Mulleres Autarcas Caboverdianas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais de Santiago, María Rozas, participou este xoves...