InicioPOLÍTICASanmartín e Borja Verea destacan o "éxito" da anexión de Conxo a...

Sanmartín e Borja Verea destacan o “éxito” da anexión de Conxo a Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela celebra este xoves o centenario da anexión do municipio de Conxo, un barrio que aínda agora continúa sendo “icona de rebeldía, do inconformismo e do activismo social e cultural” da capital galega.

Así o sinalou a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, nun pleno extraordinario do Concello para lembrar esta efeméride que permite celebrar a “singularidade” do barrio de Conxo e “todo o que achegou e achegará” a Santiago. A rexedora rememorou os 90 anos que este barrio foi un municipio independente, entre 1835 e 1925. Así, destacou o seu pasado “de reivindicación”, latente aínda no presente a través das diferentes actividades que se desenvolven nas súas rúas “ao longo do ano”.

Ademais, Sanmartín lembrou que Rosalía de Castro naceu en Camiño Novo, no extinto concello de Conxo, e agora é lembrada como unha muller “enérxica e reivindicadora da súa liberdade e a emancipación feminina”. Tamén se referiu ao Banquete Democrático do 2 de maio de 1856, unha comida “de confraternidade, sen clases sociais”, que se volverá a celebrar o próximo fin de semana; e á apertura do psiquiátrico en 1885.

PELEXA CONTRA O URBANISMO DEPREDADOR

Posteriormente, tras a súa anexión, o barrio pelexou durante o franquismo “contra o urbanismo máis depredador dos anos 60 que se cebaba coas propiedades máis humildes”, dixo Sanmartín. De aí naceu un movemento veciñal que se reflicte aínda hoxe, como unha das zonas de Santiago “de maior actividade”. “A historia de Conxo é rica, moi viva e non deixa de escribirse. As cousas cambiaron moito desde 1925, o barrio creceu, moita xente marchou e outro moita veu para quedar. E é que, como toda Compostela, sodes un barrio acolledor”, proclamou a alcaldesa.

Pola súa banda, no mesmo acto, o portavoz municipal do PP, Borja Vereal, agradeceu a organización deste “aniversario tan emocionante” para celebrar a “historia dun éxito”, como o é a de Conxo, e de “un exemplo” de “xenerosidade”.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...