InicioSANTIAGOAMESEscarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para "recuperar o impulso e...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

Pampín avanzou que quere ser a alcaldesa que lidere "unha nova etapa en Ames" construída desde "a experiencia"

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata Pampín como candidata dos nacionalistas á Alcaldía da localidade coruñesa de Ames, co obxectivo de “recuperar o impulso e o avance”.

No acto, a líder nacionalista asegurou que a candidata “ten a forza, o proxecto e o liderado que se necesita” e insistiu en que irán “a por todas” cun proxecto que “poña aos veciños no centro das políticas”.

Pola súa banda, Pampín avanzou que quere ser a alcaldesa que lidere “unha nova etapa en Ames” construída desde “a experiencia”, un proxecto “ilusionante e ambicioso”. “Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora necesitamos da forza dos veciños para liderar un novo tempo para Ames”, reivindicou.

Nesta liña, defendeu que o slogan ‘Á altura de Ames’ é “un compromiso”, destacando que o municipio xa se converteu “nun dos grandes motores de Galicia“, así como “novo, dinámico, cheo de talento e de oportunidades”.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso chama a concentrar o voto da esquerda á Cámara Alta

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso presentou en rolda de prensa un...