InicioPOLÍTICAO PP denuncia vandalismo e incremento da criminalidade na zona da dársena...

O PP denuncia vandalismo e incremento da criminalidade na zona da dársena de Xoán XXIII

Os populares pide accións contundentes para combater o tráfico de drogas e mellorar a seguridade na área situada preto da Catedral

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago denunciou recentemente actos de vandalismo e un aumento da criminalidade na dársena de Xoán XXIII, un punto situado a poucos metros da Catedral de Santiago, onde o pasado día apareceu derrubado un muro que, segundo fontes do partido, se usaba para agochar drogas. O concelleiro José Ramón de la Fuente sinalou que este tipo de situacións non son novas, e que a zona se converteu nun punto quente para o tráfico de sustancias ilícitas, xunto a conflitos frecuentes entre os veciños e as persoas dedicadas a este tipo de actividades.

De la Fuente destacou que o problema na zona de Xoán XXIII e Costa Nova de Abaixo é evidente, xa que “non é de recibo que estas rúas se teñan convertido nun lugar coñecido de venda de drogas e, ademais, en focos habituais de conflitos coa veciñanza”. O edil afirmou que a situación se agrava cada vez máis, e que, a pesar das denuncias anteriores e da discusión do tema no Pleno municipal, o goberno local non está actuando de forma eficaz.

Arquivo – Rúa de Xoán XXIII – Xornal de Compostela

O concelleiro popular tamén puxo o foco sobre a falta de acción do goberno local ao longo do tempo, lembrando que os aseos públicos da dársena estiveron meses fora de servizo debido aos danos causados por persoas vinculadas ao consumo de drogas na zona, sen que se tomaran medidas para resolver a situación.

Aínda que De la Fuente recoñeceu que “non hai fórmulas máxicas para afrontar este grave problema”, criticou que o goberno local siga a negar a existencia do problema. Referiuse tamén aos datos do Ministerio de Interior, que indican un aumento exponencial da criminalidade vinculada ao tráfico de drogas en Santiago de Compostela, facendo que a cidade se sitúe como a máis insegura de Galicia, con 5.056 delitos rexistrados no ano 2024.

O Partido Popular de Santiago puxo sobre a mesa varias propostas para mellorar a seguridade na cidade, como o incremento de efectivos policiais, a activación das cámaras de vixilancia e a mellora da iluminación en áreas que, segundo De la Fuente, sufriron unha reducción significativa nos últimos meses debido ao cambio de luminarias levado a cabo polo goberno local. Non obstante, o concelleiro criticou que o BNG se negue a implementar estas medidas e que non presente alternativas para afrontar a situación.

Finalmente, José Ramón de la Fuente fixo un chamamento ao goberno local para que “aparque os seus prexuízos ideolóxicos” e afronte a situación do tráfico de drogas e da criminalidade con decisión e sen intereses partidistas. A súa petición foi que se tomasen medidas urxentes para atallar un problema que, segundo o Partido Popular, está descontrolado na cidade e que agrava a inseguridade de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

(COMPLETO) “Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O Concello de Santiago rexeita as “escusas” para non declarar a cidade zona tensionada

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela,...

As concelleiras non adscritas de Santiago esixen aclaracións sobre o freo á zona tensionada

As concelleiras non adscritas de Santiago de Compostela pediron "explicacións detalladas" do proceso polo...

O PP reclama a limpeza da fonte e lavadoiro de Aradas e acusa o goberno local de desleixo no rural

A concelleira do Partido Popular en Santiago de Compostela, Yolanda Otero, reclamou este mércores...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here