InicioPOLÍTICAO PP solicita explicacións e reparación inmediata do ascensor de Triacastela

O PP solicita explicacións e reparación inmediata do ascensor de Triacastela

Adrián Villa esixe á Xunta de Goberno que solucione a avaría que leva máis de 15 días sen reparación

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, demanda a reparación urxente do ascensor de Triacastela, que leva máis de 15 días sen funcionamento. A avaría, que afecta á mobilidade de veciños e veciñas na zona, non foi reparada polo goberno local, o que motivou as críticas do edil popular, que cualificou a situación de “surrealista” e de “ineficacia por parte do executivo local.

O ascensor foi instalado en 2019 para solucionar un problema de accesibilidade entre os Concheiros e a avenida de Lugo, mellorando así a mobilidade de persoas maiores, en cadeiras de rodas ou con carriños de bebés. Sen embargo, a avaría ocorrida este mes de maio xerou unha importante dificultade para os veciños, especialmente no acceso a esta zona da cidade, que require a súa reparación inmediata.

Villa criticou a demora na reparación, afirmando que un ascensor nunha comunidade de veciños se repararía nun curto período de tempo, pero que, neste caso, o goberno local parece non ter capacidade de xestionar o mantemento dunha infraestrutura que ten un custo importante para os cidadáns. Neste sentido, destacou que a situación evidenciaba unha clara falla de mantemento, o que non lle sorprende, xa que, segundo afirmou, “o goberno nacionalista nunca se tomou en serio o coidado das infraestruturas públicas”.

O PP tamén subliñou que os nacionalistas, cando estaban na oposición, denunciaban a falla de mantemento deste ascensor e a súa falta de atención. Villa lembrou que, no 2023, os membros do BNG que agora gobernan “denunciaban nos medios e no Pleno Municipal a falta de mantemento do elevador”, pero agora que están no goberno, non fixeron nada para evitar que isto ocorrera.

O PP solicitou ao goberno do BNG que asuma responsabilidades e que de maneira urgente se poñan en marcha as reparacións necesarias para solucionar a avaría, ademais de desenvolver un plan de mantemento para evitar futuros problemas. A veciñanza da zona tamén manifestou a súa preocupación por esta falta de resposta, facendo un chamamento para mellorar a xestión das infraestruturas públicas na cidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here