InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago avalía o operativo despois do apagamento masivo

O Concello de Santiago avalía o operativo despois do apagamento masivo

O Gabinete de Crise coordinou servizos e trámites para facer fronte á falta de subministro eléctrico

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, compareceu xunto aos concelleiros de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e de Servizos Básicos, Xesús Domínguez, para explicar as actuacións realizadas durante o apagón eléctrico que afectou a cidade durante a xornada de onte, entre as 12:20 horas e as 06:00 horas do día de hoxe. O corte de subministro eléctrico, que se produciu de maneira masiva en toda a Península Ibérica, deixou a cidade sen enerxía durante máis de 18 horas, provocando unha serie de dificultades tanto nos servizos municipais como nas infraestruturas.

A alcaldesa detallou que, ao confirmarse a gravidade do corte, activouse un gabinete de emerxencia que implicou a diferentes concellerías, incluíndo as de Servizos, Convivencia, Educación, Servizos Sociais, e Seguridade, co obxectivo de garantir a normalidade e a seguridade na cidade. “Coordinamos desde o inicio os tráficos e os servizos, especialmente nos puntos máis críticos como os semáforos, onde houbo problemas nas principais rúas”, explicou Sanmartín.

Un dos primeiros retos foi coordinar o tráfico debido á falla de semáforos, especialmente na saída dos colexios. A policía local e a protección civil traballaron en colaboración para minimizar o impacto nesta hora punta. A pesar dos problemas iniciais, a resposta foi positiva, e a alcaldesa destacou a tranquilidade da cidadanía, que soubo afrontar a situación con calma.

A intervención da Policía Local, que mobilizou 24 patrullas durante a noite, e a cooperación da Policía Nacional foron fundamentais para garantir a seguridade cidadá. Sanmartín tamén agradeceu a colaboración das empresas e comercios locais, que mantiveron os seus servizos e, cando foi necesario, fiaron aos clientes en efectivo, dado que os medios de pago electrónicos estiveron inoperativos.

En canto aos servizos básicos, a cidade de Santiago non experimentou cortes no abastecemento de auga, aínda que se tomou a precaución de reducir a presión para asegurar a súa dispoñibilidade. A recollida de lixo tamén se viu afectada, pero o departamento de recollida adaptouse á situación e a Xunta de Galicia aportou máis vehículos para garantir a cobertura do servizo.

O hospital Clínico Universitario de Santiago mantivo a súa actividade, xa que se habilitaron xeradores de respaldo, permitindo que os servizos de emerxencia e atención continuasen sen interrupcións. Pola súa parte, os centros educativos tamén se mantiveron operativos, aínda que a Xunta de Galicia inicialmente indicou o peche, situación que foi posteriormente rectificada.

A alcaldesa tamén fixo un chamamento á reflexión sobre a dependencia da electricidade e a falta de resiliencia ante emerxencias como esta, destacando a importancia de contar con sistemas de comunicación alternativos e de fomentar produtos locais e soberanía enerxética.

A situación en Santiago de Compostela quedou completamente restablecida tras a reactivación do suministro eléctrico e, segundo o Concello, os servizos están funcionando con normalidade desde as primeiras horas da mañá. O Gabinete de Emerxencia continúa en alerta para avaliar os posibles efectos a longo prazo do apagón.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here