InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago di que atendeu "de forma inmediata" as peticións...

O Concello de Santiago di que atendeu “de forma inmediata” as peticións veciñais para arranxar problemas de abastecemento

Publicado o

Xornal de Compostela
O Concello de Santiago asegurou que atendeu “de forma inmediata” as peticións veciñais para solventar os problemas de abastecemento na rúa da Mina, en Amio.  O pasado martes 11 de marzo rexistrouse unha rotura da tubaxe de fibrocemento nesta zona que, segundo fontes do concello, “foi atendida de forma inmediata por Viaqua, como así recoñeceron os veciños e veciñas que estiveron alí”.
Tras os problemas na subministración de auga, a veciñanza solicitou falar co concelleiro responsable de Servizos, Xesús Domínguez, “que atendeu de form inmediata a petición e se desprazou ata o punto da rotura da tubaxe para manter un encontro coa veciñanza”, indican fontes municipais a Xornal de Compostela.
O goberno de Goretti Sanmartín responde así as críticas das concelleiras do Partido Popular de SantiagoYolanda Otero e Nerea Barcia, que criticaron o abandono destes veciño eurxiron a buscar unha solución.

As concelleiras do PP compostelán subliñaron que a problemática non é nova e que os veciños xa advertiran desta situación no mes de setembro de 2024Nerea Barcia sinalou que nunha única semana a mesma tubaxe rompeu ata tres veces, e lamentou que a única resposta do goberno local sexa pedir “paciencia” á veciñanza, xa que a actuación non está contemplada nos orzamentos municipais.”Estamos a falar dun servizo de primeira necesidade”, afirmou Yolanda Otero, quen advertiu do malestar crecente da veciñanza pola falta de solucións a un problema que afecta a un ben básico como a auga.

Desde o concello sinalan que a meirande parte das avarías que se producen na rede de abastecemento rexístranse fundamentalmente en tubaxes compostas por dous materiais, fibrocemento ou polietileno de baixa densidade. En Santiago de Compostela hai un total de 69,04km de tubaxes de fibrocemento, dos cales 32,14km se corresponden coa rede de distribución e 36,90 km coa rede de transporte, producíndose a maior parte das avarías na rede de distribución.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here