InicioPOLÍTICAJosé Miñones descarta presentarse á alcaldía de Santiago e aposta polo seu...

José Miñones descarta presentarse á alcaldía de Santiago e aposta polo seu labor en Mercasa

O presidente de Mercasa reitera o seu compromiso coa entidade pública e valora a situación do PSOE compostelán no XV Congreso do PSdeG

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente de Mercasa, José Miñones, participou este domingo no XV Congreso do PSdeG, onde aproveitou para felicitar a José Ramón Gómez Besteiro pola súa elección ao fronte da nova Executiva socialista. No acto, Miñones deixou clara a súa postura respecto a unha posible candidatura á alcaldía de Santiago de Compostela, descartando esta opción e reafirmando o seu compromiso coa súa actual responsabilidade na empresa pública.

“Cando estou nun sitio estou ao 100% e, por tanto, agora mesmo dedícome ao 100% no que é levar esta empresa pública, que é onde vou seguir estando ao longo destes anos”, explicou Miñones.

Durante o evento, o presidente de Mercasa tamén foi preguntado pola situación do PSOE compostelán, un asunto que, como compostelán, vive de cerca. “Doeme moito a situación, porque ademais, como compostelán, coñezo a todas as partes e, por tanto, dame pena que a situación sexa esa”,  comentou. Ademais, fixo fincapé na importancia de cumprir coas bases do partido: “Tamén estou totalmente de acordo con que hai que cumprir as bases”.

O Congreso do PSdeG, que reuniu a numerosos representantes socialistas de toda Galicia, serviu de escaparate para a renovación do partido e para a definición das liñas estratéxicas de cara aos próximos procesos electorais. A posición de Miñones mantense firme dentro da súa xestión en Mercasa, sen aspiracións a novos cargos políticos a curto prazo en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...