InicioPOLÍTICAO goberno de Santiago apela á responsabilidade do PSOE para aprobar unhas...

O goberno de Santiago apela á responsabilidade do PSOE para aprobar unhas contas de “eficiencia social”

O goberno aprobou ademais os orzamentos do 2025, de 146 millóns de euros, que inclúen investimentos en vivenda, servizos sociais e mobilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Facenda do Concello de Santiago, Manuel César Vila, presentou este martes o proxecto de orzamentos municipais para 2025, que ascende a 146 millóns de euros e se completará cun expediente de modificación de crédito de 1,5 millóns de euros. O edil definiu estas contas como un modelo de “eficiencia social”, cun enfoque prioritario en servizos públicos e atención aos veciños de Compostela.

Durante a presentación, Vila destacou que o proxecto non inclúe subas de impostos, xa que o financiamento ampliarase a través da inspección fiscal e a mellora na xestión tributaria. O responsable de Facenda subliñou que as contas priorizan vivenda, servizos sociais, infraestruturas e transporte urbano, así como a creación dunha cociña centralizada para os comedores escolares, con 1 millón de euros asignado.

No apartado social, o orzamento contempla 6,3 millóns de euros para o Servizo de Axuda no Fogar, ademais de 8,5 millóns para o transporte urbano, mantendo os descontos vixentes. Tamén se inclúben partidas de 4,2 millóns para vivenda, destinadas á compra e rehabilitación de inmobles. Ademais, prevén 12,4 millóns de euros en investimentos, complementados con 1,5 millóns adicionais a través do expediente modificativo de crédito.

Entre as actuacións previstas, Vila mencionou obras como a reforma de Santa Isabel, acondicionamento do Pazo de Raxoi, melloras en Xeneral Pardiñas e o proxecto do barrio verde de Pontepedriña. En materia fiscal, avanzou que se está a traballar na aprobación das ordenanzas para a taxa de residuos e o imposto de estancias turísticas, coa previsión de ingresar 2,6 millóns de euros por este último.

Respecto ao endebedamento, Vila asegurou que a débeda municipal non aumentará en 2025 e que o concello cumprirá as regras fiscais establecidas. O proxecto orzamentario inclúe a creación de sete novas prazas de persoal, entre elas tres para a Policía Local e dous bombeiros.

Finalmente, o edil anunciou que este mércores se reunirá a Comisión Sectorial de Vivenda para avanzar na declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado, un paso necesario para a aplicación de novas medidas en materia de vivenda.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...