InicioPOLÍTICAO PSOE de Compostela volve reclamar que se modifique a senda ciclista...

O PSOE de Compostela volve reclamar que se modifique a senda ciclista a Milladoiro para evitar o Banquete de Conxo

Critican o "silencio cómplice" do BNG.

Publicado o

Xornal de Compostela

A agrupación municipal do PSdeG de Compostela apoia tamén a reclamación de que se modifique o trazado da senda ciclista a Milladoiro para evitar o seu paso polo Banquete de Conxo, unha proposta que tamén mantivo o goberno local. A Xunta de Galicia pretende levar a cabo a construción dunha senda ciclista que una OMilladoiro con San Caetano e que, para iso, atravese o bosque do Banquete de Conxo, unha zona de “especial protección ambiental”, din os socialistas.

Por este motivo, argumentan, o PSdeG situouse desde un inicio en contra do proxecto, para o que “xa presentaran alegacións ao proxecto en febreiro de 2023”.

A concelleira Mercedes Rosón foi “moi crítica” co BNG de Compostela, posto que, aínda que desde o grupo socialista “acollen de agrado que mova ficha”, foi despois “meses de silencio cómplice”. Así mesmo, os socialistas trasladaron en nota de prensa que a súa intención é seguir defendendo que “se modifique o itinerario” facendo que este pase por zona urbana e “permita que sexa máis funcional”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...