InicioPOLÍTICAA Alcaldesa critica que Santiago "non é tratada como merece" nos orzamentos...

A Alcaldesa critica que Santiago “non é tratada como merece” nos orzamentos e ve “imprecisa” a taxa turística

O PP local cifra en máis de 570 millóns o que recibirá a cidade e o PSOE advirte que non ve ningunha partida para o aparcadoiro do Clínico

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, denuncia que a capital galega “non é tratada como merece” nos orzamentos da Xunta para 2025, que tacha de “reducidos e insuficientes” para responder as necesidades e a cidade. Os 2,6 millóns de euros que se consignan como transferencia pola capitalidade no proxecto de contas públicas autonómicas están, segundo incide a través dun comunicado de prensa, “moi por baixo” do que os estudos encargados polo Consistorio estiman (ao redor dos 8 millóns de euros).

Sobre outras cuestións como o parque de bombeiros comarcal e o saneamento do rural, Sanmartín asegura que as partidas que aparecen son “moi inferiores” aos 3,5 millóns de euros que asegura que comprometeu a Xunta. Ademais, avanza que estudará “como se concretan” as partidas para as competencias impropias que asumen os municipios, como o servizo de axuda do fogar e os comedores escolares.

TAXA TURÍSTICA

En canto á taxa turística, a rexedora entende que a proposta que leva a Xunta ao Parlamento a través da lei de medidas fiscais e administrativas é “imprecisa e vaga”. Pide “que se cumpra o que se acordou” e que “os diferentes concellos poidan decidir libremente recárgaa municipal que queiran establecer”.

Tamén reclama que se inclúan “facilidades” e que se establezan “as colaboracións necesarias” para que ese proceso de xestión e recadación sexa “o máis levadío posible” se finalmente recae nos consistorios e non na Axencia Tributaria de Galicia, como pedía o seu goberno.

PP, PSOE E COMPOSTELA ABERTA

Pola súa banda, o líder do PP de Santiago, Borja Verea, destaca o investimento da Xunta no parque de bombeiros, con 1,2 millóns de euros e os 2 millóns que asegura que contempla o proxecto para o centro galego de artes dixitais.

Desde o PSOE local, Gonzalo Muíños critica os orzamentos porque ve “máis do mesmo” e xa que ao seu xuízo mostran “unha absoluta desconexión do PP coas preocupacións reais dos veciños”.

Por último pronunciouse Compostela Aberta, para a que os orzamentos da Xunta son “decepcionantes” para Santiago e “non serven para resolver os problemas dos veciños”, en palabras de María Rozas.

ÚLTIMAS

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu...

O PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar Medicina na Coruña

O Grupo Socialista de Santiago decidirá no pleno municipal do próximo xoves se apoia a proposición...

Estudantes lamentan a “morte das matemáticas en Galicia” tras a desaparición do máster da USC

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lamentou a "morte das...

Mulleres mobilízanse en Compostela para denunciar o xenocidio do pobo palestino

Un grupo de mulleres de Compostela convocou unha mobilización para este xoves 26 de...

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu...

O PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar Medicina na Coruña

O Grupo Socialista de Santiago decidirá no pleno municipal do próximo xoves se apoia a proposición...

O PSdeG levará ao pleno de Santiago unha proposta para que a Xunta acepte os fondos estatais de vivenda

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Santiago anunciou este domingo que presentará unha...