NEPOTISMO: “PRÁCTICA DE QUEN ABUSA DA INFLUENCIA OU PODER QUE TEN, PARA DAR CARGOS, PREBENDAS, ETC., A FAMILIARES E AMIGOS”; RAG
Un goberno ten que gobernar para TODXS. Non facelo así leva consigo discriminacións, ilegalidades e nepotismo. Non é democrático. O Consello de Contas expuxo o desastre da xestión de Feijóo co Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; cifrou en 470 millóns o custo adicional; preguntámonos: os contratos da Xunta do PP son todos destas características? Favorécense intereses particulares, en detrimento da cidadanía? A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciouno ante a Xustiza Galega e a Unión Europea: “por vulnerar as condicións das propias institucións europeas, sobre o modelo de financiación con diñeiro público e negocio privado”. Os custos do Hospital seguen medrando. Este modelo foi rexeitado pola poboación, que convocou multitudinarias manifestacións. Foi construído e xestionado por unha sociedade mixta (por decisión de Feijóo nada máis chegar á Xunta) na que participou a empresa do seu propio Conselleiro de Fomento, Agustín Hernández. Esta obra tivo un sobrecusto de 470 m. de e. a pesar de reducir en máis dun 30% os recursos previstos no contrato inicial. Recortáronse 400 camas e permitiron que seguise o Concerto Singular con POVISA, polo que pagamos 75 m. de e/ano (800 millóns nos últimos dez anos). Rocío Mosquera, do Grupo POVISA, foi Conselleira de Sanidade con Feijóo para articular co hospital privado o plan que protexe o Concerto. E sabemos que Feijóo, utiliza a sanidade privada, como vimos na súa recente intervención por desprendemento de retina.
O SERGAS admite que non é quen de asumir as listas de agarda de Ourense e prevé subcontratar operacións por 10 millóns de euros ao ano. A relación directa de contratos dados pola Xunta de Feijóo primeiro e Rueda despois son claros e manifestos da práctica de nepotismo.
Feijóo cede a xestión das Residencias Públicas á empresa Eulen, dirixida pola súa irmá, que as vende ó fondo francés propietario de DomusVi (de nefasta xestión nas Residencias Galegas duranre a Pandemia). Feijóo concedeulle 34 m. de e. cando marcha para Madrid e designa Presidente da Xunta a Rueda (a dedo), para continuar coa mesma política de regar a súa familia con diñeiro público. Rueda, adxuxicou a Eulen outros 17 m. en 2 anos, a base de concursos amañados e información privilexiada.
A xestión da súa curmá, Eloína, foi nefasta, primeiro na Xerencia de Ourense (que marchou case expulsada) e logo na Área Sanitaria de Compostela (onde en palabras da Xunta de Persoal “foi a pior xerenta que se recorda”). En “agradecemento” agora será: subdirectora xeral de envellecemento activo e prevención de dependencia na Consellaría de Política Social (a dedo tamén).
A empresa Universal Support, sen vinculación algunha co sector sanitario, cuxo director comercial é o cuñado de Feijóo, beneficiouse dos fondos anticovid da Xunta. Utilizou o call center de dita empresa como centro de información sobre a pandemia, poñendo ademais en risco a protección dos datos sanitarios dxs galegxs.
O SERGAS traslada cada verán a ambulancia medicalizada de Vilagarcía a Sanxenxo, alegando o “incremento de poboación polo turismo”, cando a realidade é que Sanxenxo ten 24.302 habitantes menos no período estival que a Área Sanitaria de Vilagarcia. A explicación a esta absurda decisión é que Sanxenxo ten un alcalde da dirección do PP e é o lugar de disfrute do Emérito…
No 2023, a Consellaría de Sanidade gastou máis de 37 m. en pagar a multinacionais polo mantemento de equipos tecnolóxicos durante catro años:
- A Siemens Healthcare, 14,8 m. de e.
- A Philips Ibérica, 13,3 m. de e.
- A General Electric Healthcare, 9,4 m. de e.
- O 6 de agosto, o novo Conselleiro de Sanidade (que está facendo bxs xs anteriores) aprobou a contratación do servizo de mantemento de 17 equipos de aceleradores de radioterapia e de braquiterapia a empresa Varian por 18 m. de e. durante cinco anos.
E se isto é así na Consellaría de Sanidade, como será se sumamos as outras 11 Consellarías? (Por exemplo: Rueda acaba de nomear Directora Xeral de “Calidade Ambiental” á muller do Director de ENCE). Que pena!
Tanto a Xustiza como o Parlamento de Galiza, deben esixir responsabilidades sobre as relacións coa Xunta da irmá, a curmá, a parella o cuñado e “amigxs” do ex-presidente galego e pór fin a política que tanto dano está facendo á Sanidade Pública e á poboación galega.