InicioOPINIÓNSobre as quedadas na Sionlla

Sobre as quedadas na Sionlla

Publicado o

Por Chispas
A formación política do Grupo Municipal Socialista de Compostela @gms_compostela (conta que non ten permitido que a etiquete calquera polo visto), denuncia esta semana as quedadas de Santiago. Quedadas que levan anos facéndose. Os equipos informativos como Radio Líder Santiago, El Correo Gallego ou La Voz de Galicia, entre outros, participan no circo da desinformación, dándolle bombo a unha noticia inexistente e sumando máis cargos cada vez que comentan algo. Primeiro eran quedadas de coches tuning, despois había derrapes e carreiras, ao final xa hai ata alcol e drogas.
Que maneira é esta de facer política? Os medios de información estamos acostumados a que desinformen, a que busquen o sensacionalismo para que a súa noticia cheirenta e falsa vaia de boca en boca ata que a semana que ven se fale doutra cousa, pero vivimos nun país no que a política se basea en que un partido critique ao outro e ningún dea solucións nin ideas para mellorar. Por culpa do pique infantil que teñen os vermellos contra os azules son capaces de foder un ocio inocente e gratuíto no que todo o mundo é benvido.
O día que gravaron os vídeos cos que empezou o bombo este, os que estabamos alí vimos como nos gravaban, incluso pensamos que eran da secreta, e como non estamos facendo nada malo non lles demos importancia. Nas quedadas todo o mundo é benvido. Só somos xente compartindo a súa paixón polo motor, vendo os proxectos alleos ou simplemente reuníndonos nun espazo aberto no que podes coñecer xente dos teus mesmos gustos.
Non é xusto que nos queiran convertir en criminais por afastarnos das poboacións e quedar onde non molestamos a ninguén. Bastante marxinados estamos.
Todo por vender unha noticia. Todo por sacarlle un par de votos ao outro partido. Deberían mirar polo pobo, ver que a xuventude está disfrutando dun xeito sá, sen perxudicar a ninguén nin a si mesmos. A meirande parte da xente que está no mundo dos coches non bebe nin se droga, aprecian o seu carnet e o seu coche. Están mellor bebendo no bochinche dunha berbena?
Deixade de dar noxo e aprendede a comportarvos como persoas, que fai menos mal unha persoa botando pertardazos polo escape que vós botando petardazos pola boca.

ÚLTIMAS

Un novo atropelo en Santiago aviva as demandas veciñais por maior seguridade viaria

Un novo atropelo tivo lugar este mércores na Rúa Frei Rosendo Salvado en Santiago...

Detido no aeroporto de Santiago con 600 gramos de cocaína nunha faixa pegada ao abdome

A Policía Nacional detivo a un home no aeroporto Rosalía de Casto-Lavacolla de Santiago...

O Ateneo de Santiago organiza a presentación do libro de Xavier Coller sobre a teatralización da política en España

O Ateneo de Santiago celebrará esta tarde, ás 19:30, a presentación do libro La...

Un estudo da USC estima que unha xeración libre de tabaco evitaría 1,2 millóns de mortes por cancro de pulmón

Un estudo liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Internacional para a...

Virxe da cerca: pensar antes de falar

Virxe da Cerca ou barbarie. Virxe da Cerca ou devastación. Virxe da Cerca ou…...

Nepotismo no PP de Galicia

NEPOTISMO: “PRÁCTICA DE QUEN ABUSA DA INFLUENCIA OU PODER QUE TEN, PARA DAR CARGOS,...

Compostela e a cor que habitamos

Hai escasas semanas un clásico do cine de animación voltou á gran pantalla. Nausicaä...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here