InicioOPINIÓNEufemismos que crean crispación na sanidade galega

OPINIÓN

Eufemismos que crean crispación na sanidade galega

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

Eufemismo: “ Recurso lingüístico co que se evita unha palabra ou expresión que designa algo noxento, molesto ou malsoante”; RAG

Dentro do argumentario do PP para xustificar o desmantelamento, deterioro e privatización do Sistema Sanitario Público Galego é o de “non temos médicos”. Esta falacia, que utilizan como un mantra, e que ninguén lles repregunta con datos, explicareina a continuación, e quedará en nada se atendemos a realidade: o 23/07/2024, a Xunta, fixo unha convocatoria, para cubrir 271 prazas de Médico Especialista de Atención Primaria (MEAP). Inscribíronse 606 Médicos aspirantes. Presentáronse 493: o sistema, déixa fora a 222 Médicos que poderían exercer; das 271 prazas ofertadas, 42 quedáronse sin cubrir. Na convocatoria do 2023, xa ofertaran 72 prazas de MEAP e non todas se cubriron…

Pero é que o goberno central, tampouco o fai moi ben: na última convocatoria MIR, en febreiro do 2024, ofertáronse para Galicia 207 prazas, e quedaron sin cubrir 30. Deixou fora o propio sistema a aspirantes, que serían futuros médicos con capacidade de traballar, despois de facer o seu período de formación de 4 anos. No 2023, foron 8.550 prazas, para 12.250 aspirantes: eles mesmos, deixaron fora a 3.700…cómo que non temos Médicos? É imos avisando, según NÓS Diario: “o 23% do persoal médico de AP, estará xubilado en 4 anos”: terano en conta?

Nas últimas horas, asistimos o que poderíamos chamar “imos a contar mentiras, trailará”. O novo (e xá amortizado) Conselleiro de Sanidade, fixo 4 propostas para, en verán, intentar resolver…o que eles mesmos provocaron na Galiza. Son vellas receitas, que xa demostraron o seu fracaso no pasado: “Médicos Itinerantes”, eufemismo para definir a profesionais, que voluntariamente, quixeran ocupar unha praza onde faga falta para suplir o déficit estructural: primeiro fracaso. Utilizar a R4, en Formación, sin terminar o seu período de preparación: segundo fracaso (…e ademáis ilegal). Incentivar a profesionais que marchan o seu lugar de vacacións…para que sigan traballando: terceiro fracaso. O de crear un programa de apoio con parte do persoal do 061 (que xa traballa no seu posto e que os queren facer traballar máis…): cuarto fracaso. E para este plan, invirtirán 12,5 millóns de euros. Si o orzamento da Xunta, para este ano, é de 14.000 millóns de euros, non terán os recursos suficientes para facer que a cobertura sanitaria no verán, sexa de maior calidade?

Según a CIG: “Un verdadeiro plan de cobertura do verán para AP, precisa de algo máis que repetir medidas xa fracasadas e que teñen demostrado que non solucionan os problemas da falta de cobertura asistencial na medicina de familia, na pediatría e na enfermaría. A CIG-Saúde ten reclamado da administración sanitaria a elaboración dun Plan de Ordenación de Recursos Humanos de AP que, de terse desenvolvido, xa se tería feita a análise (e resolución) da situación da AP”. Por que o PP non o fai? Qué interese ten en non investir o necesario en protexer a nosa saúde? A quen beneficia esta estratexia destructiva da Sanidade Pública Galega?

Según supemos, o Conselleiro Gómez Caamaño, confirma o peche de consultorios este verán; e dí: “No me gusta la palabra cerrar, vamos a reorganizar la asistencia”. Este eufemismo, crendo este señor que somos parvos…encerra a síntese do que pasa cada ano no verán: peche de servizos e reducción de máis persoal, chave do deterioro e do fracaso do sistema actual do PP. Pero aínda vai máis lonxe nas súas declaracións: pide “dar ás listas de agarda unha importancia relativa, xa que o importante son os resultados que teñen esas listas de agarda na saúde dos pacientes”: incrible, pero certo! Todos sabemos, menos él, que unha enfermidade collida a tempo, e máis fácil de resolver que si chegamos tarde. Si lle afectara a él de forma persoal, daríalle igual que o atenderan hoxe a que o fixeran dentro de 6 meses?

Pero tamén dí (non sabemos si o pensa antes…): “que se encontra convencido de que a Intelixencia Artificial será chave para suplir a falta de médicos…”: deus nos colla confesados! xá está pensando en poñer máquinas para que nos diagnostiquen e nos traten os nosos males e así poder culminar a estratexia de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública Galega!

No verán pecharanse 830 camas nos hospitais galegos, e dí o Conselleiro: “estarán dispoñibles si se precisan”…pero as teñen pechadas!

Que pena!

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here