InicioOPINIÓNDo primeiro ano de mandato, dunha alcaldesa nacionalista e de múltiples tarefas...

OPINIÓN

Do primeiro ano de mandato, dunha alcaldesa nacionalista e de múltiples tarefas pendentes

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Este luns, a alcaldesa nacionalista de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cumpriu un ano á fronte da capital de Galicia. Fixo, para celebralo, un balance claramente edulcorado a respecto dos logros —onde están?— destes 365 días que, se por algo se caracterizaron, foi pola falta de consecución dunha mellora da calidade de vida dos veciños —alén dos que pasaron a formar parte do sultanato de Sanmartín, que eses si que estarán contentos, porque un bo soldiño sempre se agradece—.

Mentres escribo estas liñas, non podo deixar de pensar na veciñanza das parroquias e do centro, que ven como nada cambiou para mellor nos seus barrios, como todos os retos para a cidade —non esquezamos, para a capital de Galicia!— seguen no mesmo punto morto que tras catro anos de goberno de Bugallo. Esa é a triste e decepcionante realidade. Todos, cando comeza un novo goberno, intentamos, a pesar das diferenzas, darlle unha oportunidade, dar un punto de confianza para que desenvolvan eses cambios que, esperamos, sexan transformadores.

Hoxe, un ano despois, Sondaxe deixou uns datos que son de importancia capital para Compostela. Por unha banda, o PP rondaría xa o 40% de voto nas vindeiras eleccións municipais, cifra que o deixaría a só un concelleiro de obter a absoluta en Raxoi. Por outra banda, a morte política do PSdeG de Aitor Bouza –e dos concelleiros, pois o de Ferrol non manda nada– dan os dous escanos que perden a Sanmartín. É dicir, estamos ante un centrodereita en ascenso e unha esquerda que, en resultados globais, cae, froito da falta de iniciativa e de líderes competentes.

As tarefas pendentes son moitas, mais eu aquí voume cinguir a unhas cantas que preocupan a cidadanía, a unha veciñanza que quere un goberno atento e traballador, unha demanda que, nun ano, aínda non viron nunca cumprida. É imprescindible que exista unha atención ás parroquias, que ven cada día como as súas demandas son ignoradas. Tanto as máis lonxanas  a ese Obradoiro no que Sanmartín vive atrincheirada —Busto, A Barciela, Sabugueira ou Santa Cristina non son nomes de países lonxanos, senón parroquias que piden atención—, como o propio Castiñeiriño, que ve como a zona máis tradicional —é dicir, os veciños de toda a vida— queda marxinada da cidade de hoxe —sen estradas e beirarrúas en bo estado, sen atención do Concello etc.—, piden un trato en condicións do (des)goberno BNG-CA.

Ante esas frases rimbombantes que escoitamos estes días nos medios de comunicación, a realidade que percibimos todas as persoas que habitamos Santiago de Compostela é que a nosa cidade, esa capital ambiciosa do País, está igual ou peor que hai un ano, cando Bugallo era alcalde como forza máis votada. Hoxe, o PSdeG vive desnortado, sen que se coñeza unha persoa seria á fronte, e os únicos dous proxectos con caras recoñecibles son o do PP, con Borja Verea –forza máis votada no 2023 e, segundo as enquisas, no 2027, con moitas papeletas para ser alcalde se segue a tendencia  actual–, e do BNG, cunha Goretti Sanmartín que segue a ignorar os barrios e os problemas do día a día, tentando quedar ben con ordenanzas absurdas pero cos barrios destrozados –baldosas rotas, sen servizos e sen escoitar–. Esa é, até o de agora, a realidade!

ÚLTIMAS

Piden catro anos de cárcere para un home ao que interceptaron en Castrón Douro con 30 bolsas de cocaína

A Fiscalía pide catro anos de cárcere por un delito contra a saúde pública...

Bouza encabeza a lista do PSOE de Santiago ao congreso do PSdeG

O PSOE de Santiago elixiu á súa delegación para o 15º Congreso Nacional que o PSdeG...

Nace a Asociación Veciñal Pego-Sar para impulsar a vida comunitaria en Brión

Un grupo de corenta persoas constituíu oficialmente a Asociación Veciñal Pego-Sar tras unha asemblea...

Así era Compostela a finais do século XX vista dende o obxectivo de Manuel Chicharro

A Casa do Cabido acolle a mostra Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre...

Comparar… é chorar!

Realizo con este artigo, a quinta entrega de comparacións do que existe na Galiza,...

Quem foi o primeiro ventríloquo da história?

Há dois famosos conhecidos na Espanha, como Mari Carmen com Da Rogelia e José...

Adeus e grazas

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas....

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here