InicioOPINIÓNDe Fecha, Villestro, Vista Alegre e da cultura nas parroquias

OPINIÓN

De Fecha, Villestro, Vista Alegre e da cultura nas parroquias

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

A veciñanza do centro e das parroquias de Santiago de Compostela teñen os mesmos dereitos. Esta frase, que podería parecer extremadamente evidente, é, na actualidade, unha vulgar mentira. Desde cuestións como a recollida do lixo ou os desbroces dos camiños até a limpeza, o asfaltado e o saneamento, todas elas teñen unha peor prestación nas parroquias —aínda que os veciños do Hórreo e da República Arxentina poidan estar sorprendidos, porque as súas zonas están en mal estado, o triste é que aínda hai xente peor ca eles—. Unha mostra máis que evidente é, por exemplo, a situación da cultura, un feito que, de xeito case exclusivo, depende na actualidade dos colectivos veciñais, que fan un labor titánico para que exista unha oferta para a veciñanza. Fano, en moitas ocasións, sen a colaboración do Concello e, incluso, con trabas da administración local.

O goberno local ten as competencias en materia cultural e, igual que a Xunta de Galicia vai crear a Rede Adival para achegar a cultura aos municipios rurais de toda Galicia —que teñen uns orzamentos moito máis reducidos que o da capital—, o Concello dispón este ano dun total orzamentario de 142 millóns de euros para investir en todas as necesidades da cidade. Desta cantidade, a colaboración coas asociacións veciñais para promoción cultural, que son quen está sostendo este labor nas parroquias, non chega aos 130.000 euros, mentres se gastan 500.000 euros en protocolo e máis de 3.000.000 en órganos de goberno, polo que as prioridades que se tiveron neste orzamento de BNG, CA e PSdeG quedan bastante claras. Só o PP se opuxo a un presuposto que prioriza os caprichos antes que as necesidades da cidade.

Evidentemente, a nosa tarefa ha de ser reclamarlle a Goretti Sanmartín, que ademais ostentou responsabilidades na área de Cultura na súa etapa na Deputación Provincial –polo que se presupón que algo sabe–, un compromiso firme coa cultura das parroquias, con facer que as diferentes expresións culturais –tanto as que lle gustan como as que non– cheguen aos nosos barrios, ás nosas parroquias, desde Vista Alegre até Villestro, desde Fecha até Cesar e Marrozos. É imprescindible facer que o teatro, a música, os magostos, o cinema, a lectura, as foliadas, os xogos populares, os espectáculos para nenos e maiores e calquera actividade cultural de lecer chegue a todos os recantos da cidade, porque todos os veciños teñen dereito a elas. Non caben aquí discursos puristas de quen crea que a cultura é só unha obra de Shakespeare e que precisa un teatro para ser representada. A cultura é plural e diversa e non atende a cegueiras ideolóxicas.

Igualmente, o goberno local debe incrementar o apoio ás festas tradicionais que cada ano enchen as parroquias e os barrios, contribuíndo con máis apoio económico e coa xestión dos propios permisos que esixe o Concello. Non é de recibo que as persoas das Comisións de Festas, que gastan horas de traballo desinteresadamente, necesiten un “máster” para poder facer os trámites, polo que é preciso desburocratizar e, especialmente, conseguir un maior apoio do Concello.

Esas son algunhas das tarefas que ten diante de si o goberno local de Goretti Sanmartín. Neste primeiro ano, a nota neste labor é clara. Coma cos nenos, BNG e CA necesitan mellorar.

ÚLTIMAS

Conxo volve ao 1856 con reproches do goberno local ao PP pola famosa senda verde

Santiago regresou un ano máis a 1856 cunha nova edición da festa do Banquete...

(VÍDEO) Falta de artistas recoñecidos e escasa visibilidade, principais críticas á Ascensión deste ano

As Festas da Ascensión 2025 chegan a Santiago con música, tradición e unha programación...

O Concello confirma o acordo entre empresa e traballadores que pon fin á folga do lixo

A folga do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Santiago de...

O Monbus Obradoiro cae na prórroga en Palencia e xogará o domingo a súa continuidade no play-off

O Monbus Obradoiro perdeu na noite do venres ante o Zunder Palencia no terceiro...

O móbil de Ábalos non só é Pedro, cheira a “esterco”

Dependendo do contexto, podemos usar “sucidade”, “lixo” ou “porcallada”, sendo refinado en palabras utilizarei...

León XIV: Avance, retroceso ou continuidade?

Robert Prevost, agora León XIV, será o Sumo Pontífice que dirixa os destinos da...

Os de sempre

O Partido Popular leva gobernando Galiza dende fai 16 anos. E, menos 4, tódolos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here