InicioOPINIÓNListas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

OPINIÓN

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Publicado o

Por Cartas á dirección
Salvador Blanco Turnes
Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social non é un problema puntual: é un fracaso de xestión. E isto é responsabilidade directa da Concellería de Servizos Sociais.
Pregunto claramente:
Isto é un bo funcionamento da súa concellería, señora María Rozas?
Cree realmente que dende a súa concellería se está a axudar á xente?
Que pasa cunha persoa que necesita atención urxente?
Porque a realidade é esta: se unha persoa de 80 anos solicita unha cita cos servizos sociais do Concello e lle dan data para maio, algo non está funcionando, e non hai ningunha escusa que valla. Falamos da primeira cita, a porta de entrada ao sistema. Sen esa cita non hai valoración, non hai informe, non hai axuda. Hai espera, abandono e desesperación.
Dende que gobernades o Concello, todo vai a peor, e esa é a verdade. A poboación xa o dixo nas urnas: quedastes dous, pero non por mérito. E dos dous, un non xestiona, e o outro é duramente criticado tamén pola súa xestión.
O mesmo pasa coa mobilidade: está peor ca nunca. Para que un pensionista consiga unha tarxeta bono-bus, ten que esperar tres meses. Tres meses. Isto non é unha anécdota, isto é unha experiencia real, vivida e xestionada por min para unha persoa de 80 anos.
Unha auténtica vergoña.
Porque se a nivel local esta é a esquerda que temos, así nos vai. Se non somos capaces de resolver os problemas cotiáns da xente —os do día a día, os máis básicos—, como imos evitar que o Partido Popular acade maioría absoluta? Non só non a evitades, é que a estades empurrando.
Quédanvos dous telediarios no goberno local. E seguides sen resolver os problemas reais da xente.
Benestar Social, María Rozas: esa é a súa concellería… pero de benestar non ten nada.
Os servizos sociais dun concello están para axudar directamente ás persoas, non para poñelas nunha lista de espera interminable. Primeiro escúsase a falta de persoal, logo vén a burocracia, e ao final a persoa non recibe axuda ata pasado máis dun ano. Para cando chega, moitas veces xa é tarde.
Os servizos sociais non poden funcionar así. E se non son capaces, polo menos teñen a obriga de explicalo con honestidade, dar a cara e asumir responsabilidades.
Porque cando unha persoa vulnerable pide axuda e o sistema responde con meses de espera, o sistema está fallando. E cando falla o sistema, falla a política.
E cando falla a política local, perde a xente.

ÚLTIMAS

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here