HomeOPINIÓNSon casos puntuais...

OPINIÓN

Son casos puntuais…

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

“A liberdade e a saúde seméllanse: o seu verdadeiro valor coñécese cando nos faltan”. Henri Becque, París 1837-1899. Dramaturgo francés

O conselleiro de Sanidade, en declaracións aos medios de comunicación e de forma grandilocuente, dixo que “as carencias de persoal sanitario na Galiza, débense a ‘situacións puntuais’ e nega o ‘recorte de partidas'”. Preguntado polas mobilizacións nas diferentes localidades do País: que “é pola falta de profesionais” e coma sempre: “que a culpa é do goberno central”. Xa dixemos moitas veces que as transferencias no tema da Sanidade, as teñen dende sempre…

Nos últimos meses, temos recollido múltiples incidencias sanitarias: Catoira, Vilagarcía, A Guarda, Oia, Tomiño, etc. A Voz da Sanidade de Cangas, volveu a movilizarse como cada martes, dende o 21/11/2023, para denunciar os problemas estructurais que sufre a AP: o consultorio de O Hío segue fechado, a consulta de tarde de Pediatría non está cuberta, faltan recursos en Saúde Mental, non se cubren as ausencias do persoal e a necesidade dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca. Ademáis, sumaranse á concentración do día 12/04/2024, coincidindo co Día Internacional da AP, da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, diante do Parlamento Galego para facer unha lectura colectiva das 13 medidas da IP, que a Plataforma considera indispensables para resolver o problema sanitario (se quixese o PP, claro).

Pacientes de Oncoloxía do CHUS foron á Valedora do Pobo para denunciar que as revisións do cancro que tiñan que facer levan varios meses de retraso. Denuncian que non se cubren as baixas de médicos en Hematoloxía do CHUS. Un centenar de familias reclaman Pediatra en Cerdedo polo menos un día por semana. Cen nenos levan anos sen Pediatra e teñen que desprazarse 20 km a Forcarei ou Cotobade, onde teñen servizo, só dous días á semana. Dimite un terzo do persoal médico de urxencias de POVISA, o maior hospital concertado de Galicia. A falta de Pediatras continúa sendo un problema no Barco de Valdeorras: pais e nais quéixanse pola falta de Pediatras e o alcalde sumouse á concentración. Teñen só un Pediatra para máis de 2.000 nenos/as. Outes está recollendo sinaturas polo recorte no servizo de Pediatría. Dende o 2004 xa son 194 os concellos galegos, sen Pediatra, e o cadro de persoal de Pediatría reduciuse un 19,8%. En Muras, estiveron 15 días sen asistencia médica: a veciñanza mobilizóuse para reclamar a volta do servizo, nun acto convocado polo goberno local. A Plataforma Chantada Quere Sanidade entregou 3.700 sinaturas na Consellaría para pedir melloras sanitarias, incluso no Hospital Comarcal de Monforte. Colapsos repetidos nas Urxencias do CHUS: até 17 “pacientes graves” agardaban en padiolas e cadeiras de rodas. Redondela: pedir cita para consultas médicas: dez días. Centos de persoas asisten á “Concentración en defensa da sanidade pública de Valdeorras” convocadas por la Xunta de Persoal. Por quinta semana consecutiva, concentración de médicos no Hospital de Ourense pola terrible situación crítica das Urxencias. A Plataforma Pediátrica da Limia di que “non pararemos ata que Xinzo conte con dous Pediatras”. A Plataforma non descarta acampar dentro do Concello se no chegan solucións. Problema en Radioloxía no CHUAC. Nas últimas semans, veciños de Carballiño, Xinzo, Coles, Monterrei, A Mezquita, A Gudiña e Os Peares mobilizáronse para esixir unha cobertura sanitaria de calidade nos seus Centros de Saúde. O Sergas recoñece “falta de cobertura” no PAC de Bueu, O Grove e Vilagarcía… E o dereito ó aborto, Alfonso Rueda déixao en mans do sector privado. Acordémonos do Paritorio de Verín, que se mantivo grazas á mobilización cidadá! E que me perdoen tódolos lugares onde teñen mobilizacións e non collen neste artigo…

…e a pesar de todo o exposto, temos 2.039 centenarios/as: 75 centenarios/as por cada 100.000 hab. (según o INE). Casi como en Oquinawa (Xapón) o lugar con máis lonxevos do planeta).

Non faltan sanitarios, o que falta é pagarlles un salario digno, darlle a estabilidade que require a profesión e non traballar en condicións precarias que desincentiven ás profesionais. E que non emigren a lugares que si prestixian a profesión. Non nos inventamos nada. Non son “casos puntuais”. Non insulten a nosa intelixencia. A maioría absoluta non lles dá dereito a desmantelar o ben máis preciado que temos: a nosa saúde!

ÚLTIMAS

Falece o mozo que sufriu unha caída de 8 metros nun rocódromo de Costa Vella

O mozo que sufriu, o pasado 17 de xuño, unha caída de oito metros...

Sufocado un incendio no interior dun alpendre en Teo

Sufocado o incendio no interior dun alpendre no núcleo de Calo, no concello coruñés...

Isto custa ir de Santiago a Coruña e Vigo pola AP-9

Todos aqueles galegos que están acostumados a empregar a carísima autopista AP-9 como vía...

A Xunta mantén o financiamento para o novo parque de bombeiros en Amio

A Xunta de Galicia confirmou que non se oporá ao cambio de localización do...

Deixade a xente desfrutar das cousas

O pasado domingo, por se non o sabiades, xogou a selección española de fútbol...

Dun Apóstolo desaparecido, da falta de valentía política e da necesidade dun cambio

Onde quedaron aqueles tempos dun Santiago de Compostela vibrante, con concertos para todos os...

Eufemismos que crean crispación na sanidade galega

Eufemismo: “ Recurso lingüístico co que se evita unha palabra ou expresión que designa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here