InicioOPINIÓNPara cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta...

OPINIÓN

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros, xente que entra na política para mirar máis polo seu peto que polo ben común… E o peor é que xa case nin nos sorprende. É coma se a corrupción se volvese algo normal, e iso é o máis perigoso que pode pasarnos como pobo.

Non se trata de remexer no pasado, senón de aprender del. Cada euro mal gastado, cada favor baixo a mesa, é unha perda para todos: menos servizos, menos emprego, menos oportunidades. É un golpe á confianza da xente, que cada vez cre menos en nada nin en ninguén.

E mentres tanto, cando sae un caso, moitos políticos prefiren calar, mirar para outro lado, ou botarlle a culpa “a outro departamento”. E claro, así vai o conto: cando se protexen entre eles, perdemos todos os galegos.

Pero tamén hai xente que entra en política con ganas de facer as cousas ben. E a eses hai que dicirlles algo: paciencia, moita paciencia… e unha preparación mental de austronauta, porque o que van atopar non é doado. Entre papeis, intereses e silencios, ás veces hai que ter máis sangue fría que en Cabo Cañaveral. Iso si, con retranca, co humor que nos salva de todo, e coa cabeza alta, porque cambiar as cousas dende dentro é unha misión que require valentía e un chisco de tolemia galega.

Os galegos merecémonos unha terra limpa, onde o esforzo e a honradez volvan ter valor. Galicia non pode seguir pagando os erros e os abusos duns poucos.

A rexeneración democrática non cae do ceo: comeza coa valentía de mirar de fronte o que outros prefiren ocultar. E diso depende o noso futuro.

Galicia é nobre, é traballadora e é digna. Pero tamén ten retranca, e xa está ben de que nos tomen por parvos. É hora de falar claro, de esixir transparencia e de facer política con corazón e co sentido común da xente do país.

Porque cando a verdade se abre paso, Galicia avanza. E esta vez, imos todos xuntos, con humor, con forza… e co casco de austronauta ben posto.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Toponimia cool

Orixinariamente o termo avenida facía referencia ao camiño que entraba nunha cidade e que...

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Salvador Blanco Turnes Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social...

Por que nos manifestamos o 1 de febreiro do 2026?

O 1 de febreiro do 2026, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chama...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here