InicioOPINIÓN“Lugares puntuais” sen asistencia sanitaria na Galiza

OPINIÓN

“Lugares puntuais” sen asistencia sanitaria na Galiza

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

O 29 de xuño de 2025, o incompetente e malfalado conselleiro de Sanidade negou que haxa un “colapso” no Servizo Galego de Saúde durante o verán, aínda que si recoñeceu que “pode haber momentos de maior tensión, porque non hai xente para contratar”. Manifestou: “Os lugares onde temos problemas sanitarios son puntuais”. E o dixo sen anestesia! Xunto co irresponsable sr. Rueda deixan de manifesto, para eles: “que os recortes feitos na Sanidade Pública Galega manteñen a asistencia sanitaria sempre garantida e pasa o que pasa: porque non temos médicos”.

Vemos que a argumentación é falaz, pois se miramos a oferta MIR en España de 2025 (a maior ata o de agora) sempre se presentan máis profesionais das prazas que se ofertan. E das convocadas na Galiza preséntanse máis médicos ca prazas ofertadas e moitas quedan desertas. O propio sistema deixa fóra a moitos médicos… A pregunta é: por que sucede? Salarios baixos, precariedade das prazas, realización de gardas abusivas, mala administración por parte do PP das prazas existentes, etc.

Para demostrar que “NON son casos puntuais”, detallarei a continuación os lugares nos que no verán de 2025 fixéronse mobilizacións.

A CORUÑA: Centro de Saúde de Seixo-Marín: falta de médicos.

A Comisión de Centro do CHUAC denunciou que o SERGAS pecha este verán 230 camas.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela fixo unha rolda de prensa para denunciar o peche de 111 camas no CHUS e convocou unha concentración diante do Centro de Saúde Concepción Arenal.

Falta de persoal no PAC de Ponteceso.

En Ribeira, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza realizou este xoves unha nova concentración. Indican que a presión asistencial incrementouse, mentres o número de profesionais diminúe.

LUGO: Cervo, falta de médicos.

Mobilizacións en Viveiro contra os recortes sanitarios.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña: faltan cinco médicos de familia dos 11 que son.

No Vicedo reclaman unha “sanidade pública e de calidade”.

En Folgoso do Courel (Courel Vivo) denuncian a falta de asistencia médica.

En Vilalba e A Pontenova saíron á rúa para reclamar “unha atención sanitaria decente”.

OURENSE: convocan unha mobilización para pedir a paralización inmediata do traslado do paritorio de Ourense. Convocadas por Arrolos de Teta, O Parto é Noso, Marcha Mundial das Mulleres, Petra Maternidades Feministas, a Asociación Galega de Matroas e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Ourense (esta convoca unha mobilización cidadá para exixir solucións urxentes e denunciar a falta de transparencia na xestión sanitaria. Anuncia mobilizacións polo peche de camas, centros de saúde e consultas).

O Hospital de Ourense ten unhas listas de agarda inaceptables con máis de 80 días para unha cirurxía.

Mobilizacións no Barco contra os recortes sanitarios.

Concentración en defensa da sanidade pública diante do Hospital de Valdeorras.

PONTEVEDRA: Hospital Montecelo: listas de agarda en especialistas, camas pechadas, urxencias saturadas, etc.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública retoma as protestas en Redondela e Chapela.

Tres meses de concentracións no centro médico de Catoira, cada mércores. Falta de médicas, pediatría e leváronlle a ambulancia medicalizada para Sanxenxo.

Protestas da Plataforma de Cerdedo-Cotobade pola sanidade pública.

Na comarca do Salnés, os centros de saúde funcionan en moitos casos sen pediatras nin reforzos de persoal.

Protestas no Centro de Saúde Pintor Colmeiro.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo denuncia que a Xunta do PP fechará 174 camas no verán: 140 no Hospital Álvaro Cunqueiro e 30 no Hospital do Meixoeiro.

O SERGAS vai suprimir a praza de traballadora social da Unidade de Saúde Mental de Tui.

En O Hío levan máis dun ano, cada 15 días, manifestándose para que volva o médico e a construción do novo centro de saúde na localidade.

Protestas en A Cañiza, Crecente, Valeixe, Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario.

En Moaña levan 125 concentracións os domingos ante a Casa do Mar de Moaña.

Concentración no Centro Médico das Neves por falta de médicxs.

…E non están todos os lugares! Seguiremos denunciando que queremos unha sanidade pública do primeiro mundo e que o PP non pode destruír o ben máis prezado que temos: a nosa saúde!

O camiño é a loita sen tregua, ata conseguir a sanidade pública, universal e de calidade que precisamos.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia a colocación “ilegal” de publicidade do BNG en sinais de tráfico

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, denunciou a colocación de carteis...

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público...

O muro do antigo cemiterio de Bonaval derrúbase por acumulación de auga no terreo superior

Un treito do muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago de Compostela, veu...

A Policía Nacional instala unha carpa informativa exterior tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional habilitará unha carpa no exterior da comisaría de Santiago de Compostela...

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Salvador Blanco Turnes Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social...

Por que nos manifestamos o 1 de febreiro do 2026?

O 1 de febreiro do 2026, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chama...

Nostalxia cultural

Ides desculpar que comece cun momento nostálxico. Eu fun universitario no Santiago dos concertos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here