InicioOPINIÓNA rémora de "Imos a..."

OPINIÓN

A rémora de “Imos a…”

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

“O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos”. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rianxo 1886 e finado no exilio en Buenos Aires en 1950. Pai do nacionalismo galego.

Unha das características de “algúns” políticos é a de crear eufemismos para definir situacións que perxudican á cidadanía. O PP é especialista nisto e en conseguir “que a xente as crea” ou iso parece polas maiorías absolutas na Galiza. O de ter a casi todolos medios de comunicación do País nas súas mans (cartos) tamén inflúe… Pero algo relevante que fan dende fai 16 anos, é o de dicir que van facer algo (casi sempre moi importante) e logo non facer nada (disto último ninguén parece acordarse e o PP menos).

A Lei dí que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), sexa asumido pola Xunta e o goberno central na cuestión económica e que a xestión sexa a cargo dos concellos. Actualmente na Galiza, temos 25.000 persoas que o utilizan e a Conselleira de Política Social, fártase de dicir: “…que hai un compromiso firme de incrementar a financiación pois sabemos que é un lastre importante para os concellos”. Cal é a situación? Falta de orzamento para que o SAF chegue a todalas persoas que o necesitan. Colapso de concellos que non poden facer frente ós gastos. Imos a…incrementar os recursos? Bla, bla, bla!

Dentro das múltiples tarefas pendentes das administracións, está a de conseguir que “as galegas cobren o mesmo que os galegos”. A realidade é que as traballadoras galegas cobran de media 5.000 e. anuais menos. A administración do PP, cánsase de dicir (sobre todo cando estamos cerca do 8 de marzo) que “ísto non se pode consentir e que farán o que está na súa man para resolver a desigualdade. Imos a poñer os medios…”. Que mentira!

Ante as agresións ao persoal sanitario, que está aumentando de forma preocupante, dín que “imos a: blindar por lei as medidas ante as agresións”. A “solución” estrela: “colocar un botón do pánico, nos ordenadores”. Si ésta é a forma de resolver un problema tan grave, mal imos…

Os gobernantes teñen, entre outros moitos cometidos, o de investir en Servizos Públicos: Sanidade, Educación, Pensións Dignas, Dependencia, etc. Dende o PP sempre dín: “imos a investir tal cantidade nos servizos básicos da nosa comunidade”…pero a realidade é que somos a antepenúltima Comunidade Autónoma (detrás de Andalucía e Madrid) en investimentos por habitante (no 2024): 3.456 e. (1.266 e. menos que Nafarroa). A frase de “Imos a…” pode repetirse: o resultado real é o que é!

E Pemex? Cantos barcos serían construídos na Galiza… e que se fixo? Ningún barco e os dirixentes en México foron o cárcere. E mira que se lle sacou proveito en vísperas eleitorais…pero de “imos a construir…” nada de nada!

No tema das Caixas de Aforro que tiñamos, que se venderon de forma descarada e que privatizaron o aforro de miles de galegos, que se fixo? O PP dixo que non se perderían cartos, pero do “Imos a…” vemos que a realidade é que non temos xá ningunha entidade bancaria de referencia Galega.

Feijoo dixit: “imos facer unha Residencia de Maiores, Pública, en cada unha das sete Áreas Sanitarias”. Que se fixo? Cero Residencias. A rendabilidade política sí que a gañou pero ata as que realizaron persoas privadas e que doaron a Pública, foron vendidas a entidades privadas e relixiosas. Queda o rédito político e do prometido nin está nin se lle espera!

O tema das autopistas é unha das maiores hipocresías/estafas do PP. Sendo eles os que fixeron a última prórroga da concesión (o PSOE tamén fixo) pasan de ser “incendiarios a ser os apagalumes e abandeirados da recuperación para o pobo galego…”. Tarde piaches! Nin cunha sentencia firme dun xuiz se consigue. Sabremos algunha vez que lle deben o PP-PSOE a unha entidade extranxeira que sigue sendo a dona e explotadora dos galegos por usar unha vía que está xa amortizada dende fai moitos anos? “Imos a…” e despois nada!

O PP revalorizaba as pensións un 0.25% cada ano…e pensaba que iso era o xusto e así llo refrendaron os galegos nas urnas, pero a todas luces esa revalorización é miserable, comparada co IPC. A culpa: as políticas que non frean a subida de forma continuada dos prezos.

Falar non ten cancela. Dicir que “imos a…” tampouco. Que os cidadáns galegos estén de acordo no feito polo PP é responsabilidade de cada persoa, pero á hora de ir votar, temos que pensar nas consecuencias de a quén e para qué políticas, damos o voto!

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here