O Día de Galicia, tamén coñecido como Día da Patria Galega, celébrase o 25 de
xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior, segundo o decreto da Xunta de
Galicia. Neste día, os galegos celebran a súa identidade e cultura. É unha xornada
para a reivindicación da cultura e a identidade galega, con actos institucionais e
populares. É importante destacar que a celebración do Día de Galicia non implica un
concepto de “gañar” nun sentido competitivo, algo que os partidos políticos
nacionalistas aínda non o chegan a comprender, que senón máis ben unha
afirmación da identidade e a cultura galegas. Nun día como é o Día de Galicia o que
podemos dicir é que a liberdade é un dos valores máis transcendentes da condición
humana, ela permítenos crecer e desenvolvernos a plenitude e poder desenvolvernos
no ámbito social cunha ampla conciencia na razón da existencia que nos permite
actuar, comunicarnos e sentir.
Sen embargo, hoxe en día, a situación geopolítica atopase moi lonxe desta afirmación. Asistimos a un auxe significativo dos partidos de extrema dereita en toda Europa, a política de bloques e outras formas de autocracia que se están impoñendo en todo o mundo, cousa que por sorte en Galicia cústalles. Os nosos gobernantes son os responsables de que os réximes autocráticos volvan superar en número ás democracias. Un dato crave é que o 72% da poboación mundial vive nunha ditadura. En Italia, Giorgia Meloni, líder do partido posfascista Irmáns de Italia, gañou as eleccións de setembro de 2022 co 26% dos votos, o que lle permitiu asumir a xefatura do novo goberno. VOX en España está a gañar posicións no centro do taboleiro político, aínda que o principal problema de Vox segue sendo interno, carece dunha estrutura, algo fundamental para poder asaltar o poder no sistema actual. Estes partidos nútrense de situacións como a que vivimos en España nestes momentos. No noso país a trama de corrupción que afecta ao PSOE e ao goberno, agora sumandolle Montoro (PP) imputado, beneficiaría a empresas gasistas mediante reformas lexislativas na súa etapa de ministro, e os 45 casos de corrupción do partido popular; caso Gürtel, caso Bárcenas, caso Kitchen, caso Púnica, caso Nóos, financiamento ilegal do PP de Madrid, caso Palma Area, caso Pokémon (ramificacións en Galicia), etc. Atravesamos unha época convulsa, que ao final tamén nos afecta a nós como galegos. Vemos como líderes de partidos políticos vólvense contra a democracia e as liberdades, castigando a esta coa corrupción e fomentando o que podería ser o preludio dun novo ciclo de extremismo no conxunto do continente, algo que vén sucedendo desde fai polo menos quince anos. a crise financeira (2008-2012), a crise dos refuxiados (2015), a guerra en Ucraína (2022), o conflito entre Israel e Hamás (2023); Cada unha destas crises brindou a oportunidade aos partidos de extrema dereita de explotar con fins electorais as súas pretensións , e se lle sumamos a crise económica que sofren as familias, especialmente entre as clases medias e traballadoras, a subida dos prezos son, sen ningunha dúbida, o motor destes auxes . Tel vez deberiamos reformularnos as teorías dos nosos filósofos. Un exemplo o pensamento de Immanuel Kant, na súa obra “A paz perpetua”, onde o poder reside no pobo. Esta teoría, reformulada por Michael Doyle no século XX, sostén que as normas e valores democráticos, como o respecto mutuo e a resolución pacífica de conflitos.

