InicioOPINIÓNEstán a tomarnos por parvos

Están a tomarnos por parvos

Publicado o

Xornal de Compostela

A frase “lavarse as mans” no contexto político español é unha metáfora que describe a acción de desentenderse dunha responsabilidade ou dun problema, evitando así asumir culpas ou consecuencias. Estes días vemos como Greenpeace alerta de que os 1.000 bidóns radioactivos localizados, son só unha mínima parte dos residuos nucleares vertidos no Atlántico durante décadas. Por que o Executivo central non fixo nada durante décadas? Pasaron gobernos de ambas cores, e ten que vir unha expedición francesa a localizar bidóns radioactivos fronte ás costas galegas e “sacarnos as castañas do lume”, como ben nos di a metáfora, resolverlle un problema complicado a outra persoa, a miúdo asumindo un mesmo os riscos ou o esforzo que esa solución implica. A súa orixe atribúese á fábula de “O mono e o gato” da Fontaine, onde o mono convence ao gato para que saque as castañas do lume, arriscándose a queimarse as mans. Será que os políticos do noso país ningún se quere queimar as mans? Están a tomarnos por parvos. A conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, denunciou que “Galicia non ten ningún tipo de dato” sobre a expedición francesa, “miña nai”. Pero si que tiñan coñecemento desde hai anos de que iso se levaba a cabo. Acórdanse de José María Aznar ou Mariano Rajoy, gobernaron ou non gobernaron o Executivo central? Pois ben, señor Sánchez e señor Rueda, a misión científica xa identificou os primeiros 1.000 contedores de residuos nucleares dos aproximadamente 220.000 que foron vertidos durante décadas no século XX na fosa atlántica, a uns 700 quilómetros de Galicia. O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) é o organismo encargado da protección radiolóxica e da xestión de residuos radioactivos en España. En caso de verteduras ou achados de bidóns radioactivos, as autoridades e organismos competentes, como o Goberno galego, deben coordinarse para buscar solucións e levar a cabo os labores de seguimento técnico e ambiental. A que esperan entón? A seguir pasándose a pelota duns a outros. Como representante dunha organización política en Galicia, apoiamos o chamamento da organización ecoloxista Greenpeace, reclamando que tanto a Unión Europea, como o goberno español asuman as investigacións para determinar o estado dos 220.000 bidóns con residuos radioactivos depositados na fosa atlántica.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here