InicioOPINIÓNA Galicia rural

OPINIÓN

A Galicia rural

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

Cando falamos da Galicia baleira paréceme case unha ofensa, porque non é certo que estea baleira, está falta de servizos. Iso que chamamos Galicia baleira é unha Galicia que está chea de vida e chea de natureza, e os que somos baleiros somos nós, os que vivimos nas cidades, e os nosos gobernantes faltos de iniciativas, que esquecemos destes sitios onde existe unha gran calidade de vida. En Galicia hai case 2.000 aldeas completamente baleiras. Quizais o problema da mobilidade é unha das causas que máis dificultan vivir nun contorno rural.

Como exemplo, un autobús sae ás sete da mañá e outro retorna ás sete da noite, pagar un taxi ou depender dos favores que poida ofrecer a veciñanza, acaban por completar as opcións para desprazarse. Por non falar da xente que ten que estudar ou traballar, require dun esforzo extra, en moitos casos, para a xuventude vivir nunha zona rural significa abandonar desexos para enfocarse en metas máis alcanzables, isto coloca en desvantaxe e precariza a vida no rural. Podemos dicir que a falta de servizos básicos é o que nos leva a obstáculos para medrar no rural. Os programas para o desenvolvemento do medio rural que están en marcha desde hai anos pola Xunta de Galicia non chegan a calar na mocidade, por iso a mocidade segue na práctica medrando lonxe e aprendendo que a vida está fóra da aldea, na cidade. O problema é que todo o diñeiro que vén de Europa vaise para as urbes, e iso lastra aínda máis a pobos e aldeas porque a xente vaise onde hai traballo e riqueza. O baleirado dunha zona é algo previsible, porque non se tomaron medidas. Queda moito por facer para igualarse en servizos e infraestruturas coas cidades, pero o medio rural ten moito partido aínda por xogar. Para iso hai que darlles facilidades, eliminar a burocracia e as malas comunicacións. Non pode aplicarse a mesma normativa e os mesmos impostos para unha aldea de Galicia que para unha cidade. Outro antídoto contra o despoboamento é o teletraballo, esa fórmula só pode funcionar se hai vivenda e boas comunicacións telemáticas. «Hai que tentar darlle unha volta a todo isto, á fin e ao cabo hoxe en día o pobo é como unha cidade».

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Esperanza… ou non!

O PP goberna na Galiza, 17 anos. Primeiro Feijoo e logo Rueda; tempo tiveron,...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here