InicioOPINIÓNSigamos comparando...

OPINIÓN

Sigamos comparando…

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

Continuamos con temas, que a calquer político ten que preocuparlle. Toda administración con responsabilidade de xestionar as cousas do día a día, debe ter con quen compararse e intentar facelo o mellor posible, para que a cidadanía teña unha calidade de vida digna. Para iso, poñemos a nosa confianza en persoas que consideramos capaces de resolver os problemas diarios.

Dende o PP promocionouse e incentivouse, a fusión das Caixas de Aforro Galegas. Cando foi do Rescate das entidades bancarias, pagóuse un prezo ínfimo e dóuselle o capital e o aforro galego a unha entidade rexida por un extranxeiro (para un venezolano, co que se ve, que non son todos iguais) levándose os nosos cartos. Actualmente que non devolvan NADA, estando con beneficios importantes, indica que os perxuizos das entidades bancarias os asume o “público” e os beneficios son para eles!

Dende Galiza, temos a posibilidade, si quixeran as autoridades, de solicitar “transferencias” para o País. Pero para ilo, ten que pedilas o goberno da Xunta. Outras CCAA o fan, e prácticaqmente gobernan todolos eixos da vida diaria dende o seu lugar de orixen. En 15 anos que leva o PP na Galiza, rexindo os nosos destinos, pediron CERO transferencias. Para poder ser dono do noso, temos que solicitalo, e dende Galiza non se fai!

O número de desafiuzamentos na Galiza, nos últimos tres meses, sentenciáronse 10,4 por cada cen mil habitantes (a media estatal foron 12). Os lanzamentos foron 2,5 por cada cen mil habitantes, apenas medio punto por baixo do valor medio estatal. A incidencia dos novos casos de ocupacións ilegais de vivendas que chegan aos xulgados é mínima a respecto da poboación total galega: son 0,9 por cada cen mil habitantes e a media estatal, 1,3. Pese a baixa cantidade, o PP sigue facendo bandeira deste tema para pelexar co PSOE e con Vox.

Na última cimeira entre España e Portugal, o sr. Sánchez, priorizou a conexión ferroviaria entre ambolos dous  países: a de Madrid con Lisboa (ata o ano 2.032), mentras que o primeiro ministro portugués, a priorizou entre Lisboa e Vigo (que está prevista para o ano 2.037). Está claro que o tren na Galiza non é unha prioridade para a Moncloa. Só dicir, que un viaxe de Madrid a Barcelona en AVE, custa de media, 14 céntimos o km e que facelo dende A Coruña a Madrid, custa o dobre (Fernando de Llano).

Según a Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, o financiamento no 2023 á Dependencia, sinala que “Galicia recortou o seu investimento en 6.4 millóns de euros”. Dí que “especialmente son cruentos os recortes nesta materia xá que é  a comunidade con menos porcentaxe de persoas atendidas sobre a poboación potencialmente dependente: 16% fronte ao 23% da media española”. Denuncia, que o goberno galego ”fixo caixa” co aumento do orzamento para Dependencia no marco do Plan de Choque 2020-2023, aprobado polo goberno español tras a Pandemia da COVID. Dín que “Galicia é a que menos inviste en persoa potencialmente dependente”. Todo un éxito na política social do PP! Ademáis: Galiza inviste 1.073 e. por persoa, ata 742 euros por baixo da media estatal de 1.815 euros e moi lonxe de Euskadi e Extremadura, con 2.448 e e 2.599 e. respectivamente”. Nunca mellor dito que “as comparacións son odiosas”.

Cando a unha persoa lle debes algo, e esta persoa cho perdoa e tí o rechazas: que calificativo usarías? Rueda, a través dos diferentes gobernos do PP nos últimos 15 anos, DEBE o estado 2.479 m. de e. Pois na súa irresponsabilidade, non quere que lle los perdoen. Non acepta a condonación da débeda (que non son 4 pesetas…). Esto nos dí que “non precisa máis cartos” para a Dependencia, Educación, Sanidade, Industria, Mar ou na Agricultura. Insisto: que calificativo usaríamos? É ísto o que querría a xente que o votou nas últimas eleccións e lle dou a maioría absoluta para gobernar?

Podemos dar un paso máis nas comparacións: o Consello de Contas, dí que a Xunta do PP “deixou sen executar máis do 50% dos fondos da UE no 2.022”. De 1.183 m. de e. de Crédito Definitivo, executou 560. É ísto ser un “BO XESTOR”? Rueda dí “os problemas de Galiza non son un problema de chequeira”; son máis un acto de incompetencia manifesta, deslexo e falta de interese en resolver os problemas dos galegos e das galegas!

Continuará…

ÚLTIMAS

O kilómetro cero compostelán, onde está?

Santiago esconde milleiros de segredos entre as suas pedras, e un deles é o...

Incidente no Hospital Clínico de Santiago altera o aseo dos pacientes

A ruptura dunha tubaxe no Hospital Clínico de Santiago (CHUS) afectou durante a mañá...

A 126ª Asamblea Nacional Episcopal e o seu vago proxecto “Para dar luz” a todos os incesantes abusos a menores

O pasado 18 comenzou a Asamblea Nacional Episcopal Española que se prolongou ata o...

Cales son as rúas con máis radon de Compostela?

O radon é un gas presente en practicamente todo o territorio galego, debido á...

O galego que eu falo

Já no ano 1090, andava eu pelas terras de Guimarães, cidade de duas faces,...

Adeus e grazas

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas....

A viaxe: entre o soño romántico e a realidade capitalista

Estamos a vivir un apoxeo da viaxe como medio para acadar a plenitude, as...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here