InicioOPINIÓNA viaxe: entre o soño romántico e a realidade capitalista

OPINIÓN

A viaxe: entre o soño romántico e a realidade capitalista

Publicado o

Por Ana Lorenzo
Ana Lorenzo
Ana Lorenzo
Ana Lorenzo é unha filóloga e escritora de 23 anos. Rematou o Mestrado en Formación do Profesorado e actualmente oposita para docente de lingua e literatura galega. Participou na obra colectiva Contármonos (2023) e gañou o segundo posto do certame literario do Concello de Ames en 2019.

Estamos a vivir un apoxeo da viaxe como medio para acadar a plenitude, as oportunidades e o coñecemento. A experiencia como obxecto final para recoñecérmonos no noso pequeno recuncho do orbe.

Lembro a cita de Lord Byron “marcho, sen saber cara a onde; pero xa pasou o tempo no que as costas minguantes de Albion podían entristecer ou alegrar os meus ollos.” Hai nestas palabras un desexo íntimo de exploración, de abandono do lugar antigo e de procura, en última instancia, do locus ignotus.

Dende unha mirada literaria, foi naquela etapa histórica adolescente cando se popularizaron as novelas de viaxes. A vida intensa, a busca do misterio e da identidade non son elementos do azar.

Nos séculos XVIII e XIX coinciden dous aspectos: a tendencia romántica a elevar o individuo e a propia dominación da clase burguesa. Ligado ao anterior, o individualismo era outro alicerce desta liña ideolóxica. O eu máis orixinal e a miña capacidade sensorial ampliada polas vivencias. A Terra era un espazo non explorado e con posibilidades infinitas.

Neste mundo globalizado, os axentes con capital económico e cultural veñen a transmitirnos un romanticismo 2.0.; dixital e neocapitalista. A felicidade na nosa era pasa polo instante, que tamén pode estar emparellado coas (inexistentes) expectativas de futuro, pero iso é outro tema. O que se vive no momento é, en definitiva, o obxecto de pracer inmediato. E que pasa ao longo prazo?

Se hai algo que saliente das figuras románticas é a procura do saber. Concordo co escritor Wordsworth en relación coa aprendizaxe: “lémbroa como un acto de amor e de verdadeira vivencia”. Porén, tanto a educación universalizada como a Internet permiten hoxe en día acceder a unha capacidade inesgotable de información. É certo que é tarefa docente ensinar ao alumnado a empregala con responsabilidade. Mais semella preciso reflexionar sobre o rol deste ciberespazo, sobre todo no referente á expedición moderna e fulminante. As redes sociais están contaminadas. Se procuras a palabra “viaxe”, o máis probable é que aparezan vídeos ofrecendo recursos para viaxar o máximo posible e sen importar as condicións. Abride SkyScanner, mercade un voo. Pasaremos 10 horas en aeroportos. Subiremos o noso destino á nosa rede social favorita, contribuíndo a desenvolver a nosa identidade dixital como persoa aventureira. Probaremos comida, roupa e faremos actividades. Tamén haberá tempo para pasear por unha cidade masificada, capturando sempre o momento, para que a ninguén se lle esqueza que formamos parte da mesma cultura da experiencia.

Onde podo mergullarme mellor nas memorias latinas? Nun selfie no Anfiteatro, carecendo de contexto algún, ou nun libro de historia?

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Despropósitos e ocorrencias!

Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here