InicioMOV. SOCIAISO profesorado critica a obrigatoriedade das xornadas de benvida organizadas pola Consellaría

O profesorado critica a obrigatoriedade das xornadas de benvida organizadas pola Consellaría

As xornadas reciben unha valoración negativa e a CIG-Ensino pide a súa reorientación ou supresión

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellaría de Educación organizou recentemente en Santiago unhas xornadas de “benvida” para o profesorado que vén de aprobar as oposicións. A cita, que contou coa presenza destacada do conselleiro de Educación e outros altos cargos da Consellaría, incluíu intervencións prácticas sobre temas como MUFACE, pero tamén foi percibida como unha oportunidade para a administración de promover o seu traballo.

A pesares de que algunha información foi ben recibida, como a relacionada cos beneficios de MUFACE, a maior parte do profesorado asistente manifestou unha valoración moi negativa das xornadas. Segundo as enquisas realizadas entre os participantes, a media das puntuacións situouse en 2,65 sobre 5 para Secundaria e 2,77 para Primaria, ambas por debaixo do aprobado (3). Esta valoración é anormalmente baixa para eventos deste tipo, organizados polo servizo de formación do profesorado.

Entre as principais críticas destacan a obrigatoriedade de asistir a unhas xornadas que, segundo os docentes, achegan pouco valor e teñen lugar nun momento crítico do curso, coincidindo coa primeira semana de setembro. O profesorado sinala que este é un período no que necesitan concentrarse na planificación do novo curso, en centros e con alumnos novos, cunha importante carga burocrática.

A CIG-Ensino sumouse ás críticas e pide a reorientación ou eliminación destas xornadas, propoñendo que a formación inicial do profesorado sexa realizada nos seus centros de destino e a cargo de titores con experiencia. O sindicato tamén subliña que calquera formación presencial debera organizarse por comarcas ou grandes cidades para facilitar a asistencia e reducir os custos de desprazamento.

Unha das queixas máis salientables está relacionada co pagamento dos desprazamentos. Aínda que un alto cargo da Consellería indicou que os gastos serían cubertos, a normativa en vigor exclúe estas xornadas da cobertura de gastos, o que aumentou a frustración do profesorado. A CIG-Ensino reiterou que, sendo obrigatorias, a administración debería asumir eses custos directamente.

ÚLTIMAS

A Xunta solicita un plan de continxencia para evitar que se produzan máis verteduras ao río Sar

A Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, reclamou este luns aos responsables...

Verea salienta o investimento de 82 millóns na nova Fábrica Europea de IA e o reforzo da capitalidade de Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cualificou hoxe como “unha das...

Traballadores de Ryanair protestan en Lavacolla contra o ERE: “Co noso traballo non se xoga”

Decenas de persoas participaron nunha protesta este luns, no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro,...

Raxoi insiste en que os orzamentos da capitalidade son “absolutamente insuficientes”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, considerou "absolutamente insuficientes" o tres millóns de euros do...

Traballadores de Ryanair protestan en Lavacolla contra o ERE: “Co noso traballo non se xoga”

Decenas de persoas participaron nunha protesta este luns, no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro,...

O alumnado do IES Antonio Fraguas concéntrase para pedir máis flexibilidade para saír do centro durante o recreo

O alumnado de bacharelato do IES Antonio Fraguas de Santiago protagonizou onte unha concentración á...

A manifestación de estudantes a favor de Palestina enche as rúas de Santiago

Cidadáns de Santiago e mesmo estranxeiros sumáronse á manifestación a favor de Palestina convocada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here