InicioMOV. SOCIAISQuique comeza o seu Camiño ata Compostela pola loita contra o cancro

Quique comeza o seu Camiño ata Compostela pola loita contra o cancro

Un grupo de 50 persoas acompañará a Quique, un mozo de 14 anos, nunha peregrinación solidaria de 115 quilómetros para recadar fondos para a investigación contra o cancro

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, recibiu no mediodía de onte a Quique, un mozo de 14 anos que padece sarcoma alveolar, xunto a un grupo de familiares e amigos que comeza hoxe, martes 6 de agosto, unha peregrinación a Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa, que reúne a preto de 50 persoas, é percorrer a pé os 115 quilómetros que separan Sarria de Santiago para recadar 100.000 euros destinados á investigación do cancro infantil.

A campaña, denominada ‘El Sello de Quique‘, está organizada pola Fundación CRIS contra el cáncer en colaboración coa Fundación Iñaki Nogueroles Jóvenes contra el cáncer. O propósito é aumentar a visibilidade e obter fondos para o ensaio clínico CAR4SAR, que se está a desenvolver na Unidade CRIS de Terapias Avanzadas en cancro infantil do Hospital Universitario La Paz, en Madrid.

Ao longo da ruta, Quique e o seu equipo camiñarán para sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de investigar e desenvolver novas terapias para o sarcoma alveolar, un tipo de cancro raro e resistente aos tratamentos convencionais. As persoas que desexen apoiar esta causa poden facer as súas doazóns a través da seguinte ligazón: elsellodequique.ganaralcancer.com/campaigns/Familia-de-Quique.

O percorrido culminará o 11 de agosto na Praza do Obradoiro, onde Quique será recibido polo Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e realizará unha ofrenda ao Apóstolo Santiago durante a Misa do Peregrino.

A Fundación CRIS contra el cáncer é unha organización independente sen ánimo de lucro dedicada á investigación do cancro, con sedes en España, Reino Unido e Francia. Financia proxectos en 80 centros de investigación e hospitais en 16 países, e ten investido 50 millóns de euros en investigación nos últimos 14 anos.

Pola súa banda, a Fundación Iñaki Nogueroles Jóvenes contra el cáncer, fundada en 2010 tras o falecemento de Iñaki Nogueroles, céntrase en apoiar aos mozos con cancro e mellorar a súa calidade de vida mediante proxectos innovadores e de sensibilización.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here