InicioSOCIEDADEPacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A asociación alerta de “colas imposibles”, atrasos nas consultas e problemas para ambulancias e persoas con mobilidade reducida, e acusa as administracións de improvisación e falta de planificación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos ao Hospital Clínico de Santiago, unha situación que, segundo sinala, se viu “agravada” estes días por unhas obras “non previstas”. Nun comunicado, a entidade recolle a queixa dunha paciente que este mércores pola mañá acudía a unha cita programada e se atopou con “colas imposibles” que lle impedían chegar a tempo á consulta.

A asociación sostén que esta situación era “previsible” desde o momento no que comezaron as obras de ampliación do CHUS e do centro de protonterapia. “Sabíase desde o inicio das licitacións en outubro e decembro de 2022 que o número de prazas de estacionamento en superficie quedaría reducido en máis de 600 e que era necesario adiantarse con medidas que garantisen que non se vería afectado o acceso físico a un servizo básico e esencial como é a sanidade”, alegan.

A entidade insiste en que as prazas de aparcadoiro xa eran “insuficientes” antes do inicio das obras e critica que “só se adoptou algunha medida paliativa, parcial e exixua con elas xa iniciadas”. Segundo explican, as consecuencias desta situación están a afectar directamente ás persoas usuarias do hospital. Entre elas, citan o incumprimento das citas programadas, un maior tempo de espera nas salas ao seren atendidos fóra de hora, o risco de suspensión das citas e a necesidade de saír varias horas antes da casa cando os pacientes non residen en Santiago.

A asociación tamén alerta dun aumento das demoras nos servizos de ambulancias e dunha maior discriminación para as persoas con mobilidade reducida, que ven como as zonas de acceso reservadas están “invadidas” por todo tipo de vehículos. Ante esta situación, reclaman que se adopten medidas provisionais urxentes para poñer fin a un problema que consideran “froito da improvisación e da falta de planificación”.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Miles de persoas fan soar as chaves en Compostela para reclamar unha vivenda digna na folga xeral do 11N

Miles de persoas percorreron este mércores as rúas de Santiago facendo soar as súas...

A folga xeral deixa unha imaxe insólita en Santiago: o Franco e a praza de abastos, con numerosos negocios pechados

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou estampas pouco habituais no centro...

CC.OO. denuncia cargas policiais “desproporcionadas” no polígono de Costa Vella durante a folga xeral

A folga xeral convocada este 11N en Galicia deixou as súas primeiras consecuencias na...