InicioMOV. SOCIAISTraballadores de Finsa cortan o tráfico nas inmediacións da factoría para reclamar...

Traballadores de Finsa cortan o tráfico nas inmediacións da factoría para reclamar un novo convenio

O vindeiro xoves ambas partes terán un novo encontro.

Publicado o

Xornal de Compostela

Traballadores da compañía madeireira Finsa volveu a cortar de forma momentánea o tráfico nas inmediacións da factoría de Santiago para reclamar avances na negociación dun novo convenio. A protesta foise desenvolvendo na mañá deste luns ás portas da fábrica compostelá, onde varias decenas de empregados de Finsa corearon cánticos como “convenio xusto” antes de interromper o tráfico na N-550 durante uns 15 minutos.

“Temos o convenio caducado desde 2009. Fomos facendo parches ano a ano pero cremos que xa chegou o momento de que a empresa chegue a un compromiso cos seus traballadores”, aseverou Jesús Fernández, delegado de Comisións Obreiras na fábrica de Rábade. Os empregados da madeireira consideran “xusto” que a empresa, despois de “anos de marcas de vendas e beneficios”, blinde no convenio a actualización anual dos salarios en función da subida do IPC.

Ademais, tamén reclaman un aumento do prezo por noite traballada, que ven “moi mal pagas”, así como melloras nos pluses de quenda ou o mantemento do seguro en caso de incapacidade total.

Así as cousas, os traballadores de Finsa, que conta cun persoal dunhas 2.000 persoas nos seus centros produtivos da comunidade, avanzan que continuarán coas mobilizacións se a empresa non accede a sentar a negociar as condicións do novo convenio.

As partes están emprazadas a un novo encontro que terá lugar o vindeiro xoves e, como subliñou Jesús Fernández, esperan que haxa “movementos” despois de que na última reunión a dirección trasladase que non estaban dispostos a mellorar a última proposta.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...