InicioPOLÍTICAO BNG urxe máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: "Comprar un...

O BNG urxe máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con "maior planificación" e non de forma "reactiva" aos problemas

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con “maior planificación” e non de forma “reactiva” aos problemas. En concreto, o Bloque lamentou a “falta de prazas” que hai entre estas dúas cidades. Unha situación que se agrava, segundo os nacionalistas, co peche de Peinador pola obra na súa pista, derivándose os voos á capital galega.

Segundo recolle o BNG nun comunicado, a falta de prazas na conexión entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. “Son reiteradas as ocasións nas que o BNG se dirixiu a Transportes para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches”, sinalou o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego.

Na mesma liña falou a senadora Silva Méndez, quen dixo que comprar un billete está a converterse nunha “odisea” e nunha “carreira de obstáculos”. “Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril”, criticou, quen pediu non só máis prazas entre Vigo e Santiago, senón tamén no traxecto a Madrid.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here