InicioMOV. SOCIAISUsuarios do CSC de Fontiñas organízanse para manter as aulas de xogo...

Usuarios do CSC de Fontiñas organízanse para manter as aulas de xogo tras o peche do servizo

As familias solicitan ao Concello a cesión dun espazo tres días á semana e instan á municipalización temporal do programa

Publicado o

Xornal de Compostela

As persoas usuarias do Centro Sociocultural de Fontiñas decidiron organizarse ante a suspensión das aulas de xogo, un servizo vinculado á dinamización e mediación sociocultural da rede municipal de centros. A interrupción desta actividade prodúcese no contexto da folga iniciada o luns 16 polo persoal da empresa Serviplus, prestataria do servizo, que denuncia catro meses de impagos.

Segundo trasladan as familias afectadas, o cesamento das aulas de xogo está a ter impacto na conciliación da vida persoal e laboral no barrio compostelán. O servizo viña funcionando como un recurso habitual para atender ás crianzas en horario de tarde, polo que a súa desaparición supón, segundo indican, a perda dun apoio que consideraban consolidado no ámbito da colaboración das administracións públicas coa conciliación.

O conflito laboral que afecta ao persoal da empresa Serviplus inclúe tamén a imposibilidade de acceder á prestación por desemprego, xa que, segundo explican, a empresa non emitiu as correspondentes cartas de despedimento, malia que o Concello revogou a orde de continuidade da prestación do servizo.

SOLICITUDE DE CESIÓN DUN ESPAZO MUNICIPAL

Ante esta situación, un grupo de nais e pais do barrio acordou impulsar unha petición colectiva dirixida ao Goberno municipal. A proposta consiste na cesión dunha sala no propio CSC de Fontiñas durante tres días á semana, en horario de 18:00 a 20:00, co obxectivo de manter un espazo de encontro para as crianzas baseado no xogo e na socialización.

A iniciativa contaría coa colaboración voluntaria do animador que viña sendo responsable da actividade, segundo sinalan as familias promotoras. O venres 20, en apenas dúas horas, recolléronse numerosas sinaturas de apoio entre as persoas usuarias do centro.

PETICIÓN DE MUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO

Na mesma solicitude, as familias instan o Executivo local a asumir directamente a xestión do servizo, polo menos de maneira transitoria, mentres non se adopta unha solución definitiva. Na súa opinión, a fórmula máis axeitada sería a municipalización permanente das aulas de xogo e do servizo de dinamización sociocultural.

As persoas asinantes consideran que a xestión directa permitiría garantir a continuidade da actividade e evitar situacións similares no futuro. Polo momento, están á espera dunha resposta por parte do Concello de Santiago sobre a viabilidade da cesión do espazo e sobre as medidas que se poidan adoptar respecto ao servizo.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here