O Foro Galego de Inmigración ve “imprescindible” habilitar espazos temporais para a atención de trámites de Estranxeiría na comisaría de Santiago de Compostela, despois de que esta infraestrutura sufrise un incendio a semana pasada.
Así, a entidade remitiu un correo urxente aos responsables deste departamento para solicitar un espazo para este tipo de trámites co obxectivo de que non se acumulen os atrasos, “xa importantes”, nas citas. Para eles, estas demoras “comprometen seriamente os dereitos dos migrantes residentes nesta zona”.
“Este feito e a anulación de citas, que ás veces tardan meses en conseguir, debe resolverse cunha urxente e eficaz habilitación de espazos alternativos para que non se perdan citas programadas”, reivindicaron.

