InicioMOV. SOCIAISGoretti Sanmartín traslada a solidariedade de Santiago con Córdoba polo accidente ferroviario...

Goretti Sanmartín traslada a solidariedade de Santiago con Córdoba polo accidente ferroviario de Adamuz

A alcaldesa expresou o apoio ás familias das vítimas e ás persoas afectadas e mantén contacto con outros rexedores a través da rede de Cidades Patrimonio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, trasladou este domingo “toda a solidariedade” da cidade coa provincia de Córdoba tras o grave accidente ferroviario rexistrado no municipio de Adamuz.

“Dende Santiago, onde infelizmente sabemos o que significa un grave accidente ferroviario, toda a solidariedade con Córdoba, familiares das vítimas e persoas afectadas polo accidente de Adamuz”, expresou a rexedora municipal nunha mensaxe pública difundida dende o goberno local.

Segundo fontes municipais, a alcaldesa mantense pendente da evolución do sinistro e está a manter contactos con outros rexedores a través da rede de Cidades Patrimonio, no marco da coordinación institucional entre cidades para trasladar apoio e acompañamento ás persoas afectadas.

Dende o Concello de Santiago subliñaron o carácter institucional da mensaxe de solidariedade e lembraron que a cidade compostelá viviu no pasado un grave accidente ferroviario, unha circunstancia que, segundo indicaron, explica a especial sensibilidade do goberno local ante este tipo de sucesos tráxicos.

PÉSAME DAS VÍTIMA DE ANGROIS

Pola súa banda, a plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia 04155, que tivo lugar hai 13 anos en Santiago de Compostela, trasladan o seu “máis sentido pésame e solidariedade a todas as persoas afectadas pola traxedia ferroviaria de Adamuz”.

“Acompañamos a vítimas e familiares neste momento de profunda dor e pómonos á súa disposición, desde o máximo respecto e compromiso coa dignidade, a verdade e a xustiza”, sinala a asociación nun breve comunicado remitido á prensa.

“Confiamos en que se lles preste toda a atención e o apoio que necesitan”, destaca a nota, que conclúe insistindo en mandar todo o seu “ánimo e apoio aos afectados”.

CONVOCATORIA DE MINUTO DE SILENCIO

Ás 12:00 do mediodía, o Concello de Santiago convoca un minuto de silencio na Praza do Obradoiro en apoio ás vítimas do accidente de Adamuz.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

Multitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Esta mañá ás 12:00, o Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na...

Unha vintena de profesionais de Urxencias concéntrase no CHUS para denunciar o colapso do servizo

Unha vintena de profesionais médicos do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de...