InicioMOV. SOCIAISMultitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en...

Multitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

No acto estiveron presentantes representantes de todos os grupos municipais e da Universidade

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta mañá ás 12:00, o Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na Praza do Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar na tarde deste domingo na localidade cordobesa de Adamuz.

Neste encontro participaron concelleiros de todos os grupos políticos, representates municipais, persoal da Universidade e as candidatas á reitoría, entre outras persoas.

Tralo minuto de silencio,

A alcaldesa de Santiago,

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou a solidariedade do Concello coa poboación afectada polo accidente ferroviario rexistrado en Adamuz, preto de Córdoba, ao que se referiu como unha “catástrofe” que inevitablemente evocou na cidade o sucedido en Angrois. Segundo explicou, Santiago de Compostela, pola súa propia experiencia, é “especialmente sensible” ante este tipo de traxedias, polo que quixo enviar “unha aperta e un ánimo moi grande” tanto ás vítimas e ás súas familias como a todas aquelas persoas que, ao coñecer o ocorrido, reviviron o accidente do 24 de xullo. A rexedora destacou tamén o impacto que este tipo de sucesos deixa non só nas persoas directamente afectadas, senón no conxunto da veciñanza, polas “pegadas e secuelas” que permanecen no tempo.

Sanmartín puxo en valor a resposta da cidadanía cordobesa, á que cualificou de solidaria polo apoio prestado desde o primeiro momento, e trasladou, en nome da Corporación municipal e da veciñanza compostelá, “todo o noso ánimo, toda a nosa solidariedade e toda a nosa fortaleza”, coa esperanza de que non aumente o número de vítimas e de que as persoas feridas poidan recuperarse canto antes. A alcaldesa sinalou que haberá tempo para analizar as causas técnicas do sinistro e para que traballen as comisións de investigación correspondentes, mais subliñou que agora “é o momento de estar coas vítimas e coas familias”, enviando desde Santiago, capital de Galicia, unha mensaxe de apoio a Córdoba e tamén a todas as persoas marcadas polo recordo do accidente de Angrois.

39 FALECIDOS E MÁIS DUN CENTO DE FERIDOS

O descarrilamento dun tren Iryo que cubría a ruta Málaga–Madrid (Puerta de Atocha) produciuse arredor das 19:45 horas deste domingo 18 de xaneiro nos desvíos de entrada á vía 1 da estación de Adamuz, o que provocou que o convoi invadise a vía contigua e se vise implicado tamén un tren Alvia, deixando polo momento un balance provisional de 39 falecidos e 152 feridos (cinco moi graves, 24 graves —todos hospitalizados— e 123 de diversa consideración), cunha cifra aproximada de entre 480 e 500 persoas a bordo dos dous trens.

No operativo participan máis de 200 efectivos da Garda Civil, ademais dun amplo despregue sanitario do 061, mentres se suceden as reaccións políticas de responsables da Junta de Andalucía e do Goberno, e as autoridades piden cautela sobre as causas.

Renfe descarta un erro humano e apúntase como hipóteses principais unha posible incidencia na infraestrutura ou unha avaría do tren.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here