InicioMOV. SOCIAISOrdenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira...

Ordenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira semana

O colectivo anuncia mobilizacións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 ordenou que a semana próxima semana leve a cabo o desaloxo dun edificio do Centro histórico de Santiago de Compostela, onde até agora estaba instalado o Centro Social Okupado Autogestionado (C.S.O.A.) Escárnio e Maldizer, que protestará na súa contra.

Segundo ratificaron fontes xudiciais, o desaloxo do número 11 da rúa Algalia de Abaixo está previsto para o vindeiro venres 23 de xaneiro ás 09.15 horas. O colectivo que o xestiona difundiu a noticia publicamente en redes, como xa fixo en maio de 2025, cando estaba programada inicialmente a orde.

Ademais, anunciou mobilizacións para o mesmo día, que levarán a cabo antes e despois: a primeira será ás 08.00 horas —unha hora e cuarto antes da orde— e a segunda, ás 20.00 horas. “O 23 de xaneiro saímos á rúa en defensa de todos os centros sociais! Non poden tapiar a nosa loita”, difunden en Instagram.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...