InicioMOV. SOCIAISO Concello reparte 400.000 euros entre 14 ONGDs para proxectos de cooperación...

O Concello reparte 400.000 euros entre 14 ONGDs para proxectos de cooperación internacional

As axudas municipais permitirán desenvolver iniciativas en África e Latinoamérica vinculadas ao acceso á auga, a soberanía alimentaria, a educación e a igualdade

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 14 organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGDs) resultaron beneficiarias da convocatoria municipal de subvencións de cooperación ao desenvolvemento, dotada cun orzamento global de 400.000 euros polo Concello de Santiago. As axudas permitirán poñer en marcha proxectos en distintos países de África e Latinoamérica, centrados no acceso á auga e ao saneamento, a soberanía alimentaria, a mellora da educación e a igualdade, entre outros ámbitos.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, deu conta da resolución da convocatoria, que ten como finalidade contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados polas Nacións Unidas no ano 2015 e reforzar o compromiso municipal coa defensa dos dereitos humanos. Neste contexto, Rozas salientou que “somos a entidade local de Galicia que destinamos máis fondos a unha convocatoria destas características, desde o convencemento de que debemos contribuír á erradicación da pobreza, a igualdade de xénero, a sostibilidade ambiental e a defensa dos dereitos humanos en todo o mundo”.

Dos 14 proxectos subvencionados, tres desenvolveranse en países africanos —Congo, Burkina Faso e Guinea Bissau—, mentres que os once restantes levaranse a cabo en Latinoamérica. En concreto, catro actuacións localizaranse no Salvador, tres en Guatemala, e o resto en Honduras, Nicaragua, Cuba e República Dominicana.

PRINCIPAIS ENTIDADES BENEFICIARIAS

Entre as ONGDs que recibirán 40.000 euros atópanse Arquitectura sen Fronteiras, cun proxecto de mellora do acceso á auga e ao saneamento en Guatemala; Solidariedade Internacional Galicia, cunha iniciativa de soberanía alimentaria dirixida a comunidades indíxenas Mam no mesmo país, e a Fundación Humanitaria Rotarios Españoles, que actuará en Honduras para mellorar o acceso ao saneamento.

Tamén contarán con achegas de 40.000 euros tres proxectos orientados a mulleres campesiñas: un impulsado pola Asamblea de Cooperación pola Paz no Salvador, outro promovido por Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad en Nicaragua, e un terceiro a cargo da ONGD Solidaridad, Educación, Desarrollo, tamén no Salvador. Pola súa banda, Manos Unidas obtivo financiamento para un proxecto vinculado á defensa dos dereitos humanos e a xustiza ambiental no Salvador.

EDUCACIÓN, SAÚDE E IGUALDADE

No ámbito educativo, recibirán apoio dous proxectos: un de Cooperación Internacional en Guatemala, cunha subvención de 37.000 euros, e outro da Asociación Promoción y Desarrollo, Proyde, en Burkina Faso, con 35.000 euros. A Asociación Miradas al Mundo desenvolverá unha iniciativa para mellorar o acceso á auga en Guinea Bissau, cunha axuda de algo máis de 17.000 euros, a mesma contía que percibirá Solidaridad para el Desarrollo y la Paz (Sodepaz) para un proxecto en Cuba destinado a mellorar a calidade de vida de crianzas e mocidade con necesidades de respiración asistida.

A relación de entidades complétase con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), que impulsará un proxecto de prevención da violencia sexual, das unións temperás e dos embarazos adolescentes na República Dominicana; Médicos Mundi Norte, cunha actuación de soberanía alimentaria no Salvador dirixida principalmente a mulleres, e Rescate Internacional, que desenvolverá un proxecto de mellora da educación de adolescentes afectados por conflitos no Congo.

As ONGDs beneficiarias deberán executar os proxectos no prazo dun ano, de acordo coas bases da convocatoria municipal.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here