InicioMOV. SOCIAISCompostela Solidaria entrega 6.300 euros á asociación Itínera tras o seu concerto...

Compostela Solidaria entrega 6.300 euros á asociación Itínera tras o seu concerto solidario

A recadación, a máis elevada acadada ata o de agora pola entidade, destinarase a apoiar os programas de saúde mental comunitaria que Itínera desenvolve desde Santiago de Compostela

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A entidade Compostela Solidaria fixo entrega dun total de 6.300 euros á Asociación Itínera Voluntarios en Saúde Mental, unha cantidade recadada a través do seu último concerto solidario e que supón o maior importe obtido ata o momento por esta iniciativa benéfica.

Segundo trasladou a organización a través das súas canles públicas, a recadación foi posible grazas á participación altruísta de diferentes músicos e músicas, así como á colaboración de empresas e ao apoio do público asistente ao evento. Desde Compostela Solidaria subliñaron a implicación colectiva que fixo posible alcanzar esta cifra, destacando o papel da cidadanía na organización e desenvolvemento da actividade.

Os fondos entregados destinaranse a apoiar o labor que realiza Itínera, unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Santiago de Compostela, que traballa no ámbito da saúde mental desde o ano 2005. A entidade ten a súa orixe no traballo voluntario dun grupo de estudantes no Hospital Psiquiátrico de Conxo durante a década dos anos noventa, unha experiencia que marcou a súa orientación cara a modelos de intervención comunitarios e afastados da institucionalización.

Na actualidade, Itínera desenvolve programas vinculados ao lecer, a cultura, a formación, o respiro familiar, a inserción sociolaboral, a educación medioambiental e a promoción da autonomía persoal, entre outros ámbitos. Ademais, a asociación coordina tres pisos protexidos destinados a persoas con trastorno mental severo e xestiona o Centro Especial de Emprego Erit-Itínera, centrado en actividades de silvicultura, paisaxismo e mantemento de zonas verdes.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

As traballadoras do téxtil avalían novas mobilizacións tras levantar a acampada trasladada a Santiago

As representantes dos traballadores do sector téxtil estudan cos persoais a definición dunha nova...

Temperaturas de máis de 30 graos e goteiras: o comité de empresa denuncia tres anos sen solucións na residencia DomusVi de Pontepedriña

O comité de empresa da residencia de maiores Fundación José Otero-Carmela Martínez, xestionada por...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here