InicioMOV. SOCIAISUnha estudante da USC denuncia acoso transfóbico en redes tras participar nun...

Unha estudante da USC denuncia acoso transfóbico en redes tras participar nun vídeo polo 25N

Os ataques producíronse nos comentarios dunha publicación do sindicato estudantil Erguer e xeraron unha onda de rexeitamento e mensaxes de apoio desde distintos ámbitos da comunidade universitaria

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Unha estudante da USC denunciou nos últimos días unha situación de acoso e insultos transfóbicos en redes sociais tras a publicación dun vídeo no que participaba con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Os comentarios apareceron nunha peza difundida polo sindicato estudantil Erguer. Estudantes da Galiza, na que a alumna denunciaba publicamente a violencia machista.

Entre as mensaxes dirixidas contra ela figuran comentarios ofensivos publicados polo usuario @diablodasi, que aludían á súa condición persoal e ao seu aspecto físico. Nun deles escribiu “Que machismo? Se a tes máis grande ca min” e, posteriormente, engadiu “cada unha que comenta é máis gorda e máis fea. NoN sei como vos superades”, en referencia tamén a outras mulleres que interactuaban na publicación.

Mensaxes recibidos por Alicia Arruti en redes sociais – Instagram

A propia estudante, Alicia Arruti, alumna de primeiro ano de Dereito, fixo pública a súa reacción a través dunha mensaxe na que advertiu de que “os discursos de odio non deben ter cabida na universidade”. Arruti sinalou que non se poden tolerar mensaxes “contra a comunidade LGBTIQ+, as persoas migrantes, a lingua galega, a misoxinia ou incluso que invitan a ilegalizar a quen non pensa coma eles”, e contextualizou o ocorrido nun clima máis amplo de hostilidade. Segundo indicou, “nestes días, compañeiros de militancia recibiron acoso e ameazas por parte do fascismo españolista”, aos que quixo trasladar tamén o seu apoio.

A estudante reivindicou o papel de ‘Erguer. Estudantes da Galiza’ e do colectivo Atreve-T por visibilizar os feitos e non gardar silencio, ao tempo que agradeceu as mostras de solidariedade recibidas. “É moi bonito sentirse tan arroupada”, expresou, antes de animar á mocidade a “organizarse e non calar nunca ante estas inxustizas”.

A denuncia do caso motivou reaccións dende diferentes sectores da comunidade universitaria. O proxecto Atreve-T, centrado na defensa dos dereitos das persoas trans e non binarias na USC, fixo público un comunicado no que denunciou o ocorrido e advertiu de que “a transfobia non é unha opinión, é violencia”, subliñando tamén que “o acoso en redes tamén é acoso”.

Así mesmo, as candidatas á reitoría da USC pronunciáronse publicamente. Rosa Crujeiras expresou o seu apoio á estudante e afirmou que os comentarios recibidos “non deixan de ser unha forma de violencia”, comprometéndose a traballar para que a universidade sexa “un espazo seguro”. Pola súa banda, Maite Flores asegurou que “a Universidade non pode consentir estas actuacións transfóbicas” e defendeu a necesidade de avanzar na inclusión. Tamén Alba Nogueira sinalou que a universidade debe ser “un espazo de tolerancia e diversidade”, afirmando que os discursos que atacan ás persoas pola súa identidade “só retratan a quen os fai”, acompañando as súas palabras cunha reflexión do pensador Giordano Bruno sobre a liberdade e a dignidade fronte á intolerancia. Pola súa banda, a candidata María José López couso, quixo expresar tamén o apoio á alumna, asegurando que “loitar contra o acoso é unha responsabilidade colectiva”.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

As traballadoras do téxtil avalían novas mobilizacións tras levantar a acampada trasladada a Santiago

As representantes dos traballadores do sector téxtil estudan cos persoais a definición dunha nova...

Temperaturas de máis de 30 graos e goteiras: o comité de empresa denuncia tres anos sen solucións na residencia DomusVi de Pontepedriña

O comité de empresa da residencia de maiores Fundación José Otero-Carmela Martínez, xestionada por...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here