InicioMOV. SOCIAISA concelleira Marta Abal reclama actuacións urxentes en dous parques infantís de...

A concelleira Marta Abal reclama actuacións urxentes en dous parques infantís de Santiago

A edil socialista advirte do deterioro das áreas de xogo da Praza Marcial Villamor Varela e da contorna do Local Social da Gracia e pide intervencións inmediatas para garantir a seguridade da infancia

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Marta Abal, denunciou o estado de conservación de dous parques infantís da cidade, situados na Praza Marcial Villamor Varela e detrás do Local Social da Gracia, que, segundo sinalou, presentan deficiencias que afectan á seguridade das persoas usuarias máis novas.

Segundo explicou a edil, no parque da Praza Marcial Villamor Varela o pavimento de caucho atópase deteriorado e varios elementos de xogo están danados, unha situación que, ao seu xuízo, supón un risco para os nenos e nenas que fan uso diario destas instalacións. No caso do parque situado na contorna do Local Social da Gracia, Abal indicou que os columpios foron roubados hai tempo sen que se procedese á súa reposición e que o chan presenta irregularidades que dificultan un uso seguro do espazo.

Ante este escenario, a concelleira socialista reclamou ao Goberno municipal que preside Goretti Sanmartín unha intervención inmediata para corrixir as deficiencias detectadas. Abal instou a que se acondicionen os pavimentos, se reparen ou substitúan os elementos de xogo deteriorados e se restablezan os columpios desaparecidos, co obxectivo de garantir que estes espazos cumpran as condicións necesarias de seguridade.

A edil subliñou que “os nenos e nenas de Santiago merecen gozar dos seus parques con seguridade” e asegurou que desde o seu grupo municipal manterán a reivindicación ata que se adopten as medidas necesarias para solucionar as carencias existentes nestas áreas de lecer infantil da cidade.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here