InicioMOV. SOCIAISSanmartín reclama máis recursos fronte á violencia machista nun acto da Fegamp...

Sanmartín reclama máis recursos fronte á violencia machista nun acto da Fegamp e pide á cidadanía mobilizarse polo 25N

A alcaldesa participa en ’A voz das mulleres non se apaga’ e insta á Xunta a reforzar a financiación do SAF

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto organizado pola Fegamp con motivo do 25 de novembro, baixo o lema ’A voz das mulleres non se apaga’, nunha sesión presidida por Alberto Varela e á que asistiron representantes municipais de distintos puntos de Galicia. Antes do encontro, Sanmartín asinou no Libro de Honra da Fegamp.

Durante a súa intervención, a rexedora compostelá agradeceu o convite e subliñou a necesidade de manter viva a reivindicación do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Sinalou que concellos como Santiago —centrados en políticas de proximidade, conciliación e servizos sociais— necesitan máis recursos estables para garantir a atención ás vítimas e ás persoas cuidadoras. A alcaldesa advertiu de que a violencia machista “segue presente no día a día” e que os feminicidios son só “a parte máis extrema dunha desigualdade estrutural” que tamén se manifesta en ámbitos como a fenda salarial.

Sanmartín lamentou que “estamos en tempos de involución”, nos que “hai axentes que negan a violencia de xénero e espallan bulos”, polo que pediu unha resposta unida das administracións locais, ao tempo que reclamou que a Xunta incremente a súa aportación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Lembrou que, no caso de Santiago, a hora de servizo sitúase nos 24 euros, mentres que a achega autonómica fica nos 12 euros, unha diferenza que cualificou de “insostible” para os concellos.

A alcaldesa tamén fixo un chamamento á cidadanía para participar nas mobilizacións polo 25N nas cidades e vilas galegas: “Agardamos o día en que xa non sexa preciso reivindicarnos cada novembro, mais ese momento aínda non chegou”.

Pola súa banda, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, agradeceu a presenza da alcaldesa e das corporacións locais nun acto que, segundo destacou, se celebra con antelación porque o domingo cada concello estará centrado nas súas propias iniciativas. Varela denunciou a existencia de “formacións políticas que negan sistematicamente a violencia de xénero” e que cuestionan datos oficiais “a través de bulos”, polo que reivindicou que a sociedade “debe dicir moi alto e moi claro que non acepta ningún tipo de violencia contra as mulleres”.

O presidente da Fegamp trasladou tamén a posición do municipalismo galego sobre o financiamento do SAF, asegurando que a proposta presentada pola Xunta “foi rexeitada por unanimidade” ao non resolver o déficit que padecen os concellos. Recordou que a administración local está a recibir 12 euros por hora, cando o custo real supera os 20 euros: “Non é razoable que concellos pequenos teñan que dedicar entre o 20% e o 30% do seu orzamento ao servizo de axuda no fogar”. Defendeu, ademais, a necesidade dunha reforma legal que garanta un financiamento estable para os Centros de Información á Muller, evitando que dependan da “vontade ou capacidade orzamentaria de cada municipio”.

SITUACIÓN DO SERVIZO DE BOMBEIROS

Sanmartín foi consultada pola situación do servizo municipal de bombeiros tras as críticas do PP compostelán. A alcaldesa respondeu que o goberno local continúa traballando para dar unha saída ás demandas de bombeiros e policías, ao tempo que acusou ao portavoz popular de Santiago, Borja Verea, de “mentir de maneira descarada” e utilizar “bulos para desacreditar”. Declarou que “a palabras necias, oídos xordos”, incidindo en que o executivo municipal seguirá centrado en “traballar e buscar solucións”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here