InicioMOV. SOCIAISXan Duro afirma que a mellora da liña 15 chegará coa nova...

Xan Duro afirma que a mellora da liña 15 chegará coa nova licitación do transporte urbano

O concelleiro de Mobilidade explica que as actuais condicións do contrato impiden aumentar frecuencias, aínda que xa se introduciu un novo servizo ás 07:55

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, recoñeceu, en reacción ás reclamacións de Erguer, que o funcionamento da liña 15 do autobús urbano, que conecta o Campus Norte co resto da cidade, é “mellorable”, pero lembrou que a situación actual do servizo “está condicionada pola orde de continuidade da concesión”. Segundo explicou a Xornal de Compostela, o Goberno local prevé iniciar “en breve” o proceso de nova licitación do transporte urbano, que permitirá introducir melloras “de maneira notable”.

Duro indicou que, nas actuais condicións, non é posible realizar grandes cambios na prestación do servizo con respecto ao establecido na concesión vixente. Con todo, apuntou que o Concello xa aplicou axustes nos primeiros horarios de saída para facilitar o acceso do estudantado ás facultades antes das 09:00.

En concreto, engadiuse un novo servizo ás 07:55 dende o Campus Norte, que se suma ao das 08:20, permitindo que ambos cheguen ao Campus Sur antes das 09:00. Pola súa banda, dende o Campus Sur cara ao Norte hai agora saídas ás 08:15 e 08:25, co mesmo obxectivo.

O edil recoñeceu que o servizo experimenta dificultades en días de choiva ou con alta demanda, pero insistiu en que, mentres non se adxudique o novo contrato, non hai marxe para reforzar as frecuencias “na medida que sería desexable”.

As declaracións prodúcense despois de que o colectivo estudantil ‘Erguer. Estudantes da Galiza’ impulsase unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar melloras nesta liña, que cualifican de “impuntual e insuficiente” para atender a demanda do alumnado universitario.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here