InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Movemento Galego da Saúde Mental chama a participar no acto ‘Badaladas...

O Movemento Galego da Saúde Mental chama a participar no acto ‘Badaladas pola Prevención do Suicidio’ en Santiago

O acto terá lugar este martes na Praza de Praterías para visibilizar a prevención do suicidio como un problema de saúde pública en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

Con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio, o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) fai un chamamento á cidadanía galega para participar no acto ‘Badaladas pola Prevención do Suicidio’, que se celebrará este martes ás 20:00 na Praza de Praterías en Santiago. A organización subliña a importancia de visibilizar o suicidio como un dos principais problemas de saúde pública en Galicia, onde “case cada día” morre unha persoa por esta causa.

Segundo datos do Ministerio de Sanidade, cada día 12 persoas de Galicia contactan coa Liña 024 de prevención do suicidio. Por iso, o MGSM considera que este martes debe servir tanto para lembrar a gravidade do suicidio como para reivindicar a implementación de accións preventivas eficaces que permitan reducir estas traxedias.

O evento en Santiago enmárcase na campaña global promovida pola Asociación Internacional da Prevención do Suicidio (IASP), co lema deste ano ‘Cambiar a narrativa’, que busca abrir un diálogo honesto sobre a realidade do suicidio e transformar a percepción social sobre este tema.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...