InicioSOCIEDADEDenuncian o peche da UCI de Conxo

Denuncian o peche da UCI de Conxo

A CIG denunciou que a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza acordou pechar a UCI do Hospital Provincial de Conxo e trasladar ao seu persoal á do Hospital Clínico. Unha medida que a xerencia ve "necesaria" para "continuar ofrecendo coidados intensivos de calidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

CIG denunciou que a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza acordou pechar a UCI do Hospital Provincial de Conxo e trasladar ao seu persoal á do Hospital Clínico. Unha medida que a xerencia ve “necesaria” para “continuar ofrecendo coidados intensivos de calidade ante as circunstancias actuais e puntuais as 24 horas do día”.

A decisión, comunicou o sindicato nacionalista, adoptouse pola “falta de persoal”, despois de que unha facultativa da unidade collese unha baixa por incapacidade temporal. Ante esta situación, CIG-Saúde reclama a súa reapertura para “garantir a asistencia debida aos pacientes” e reitera a demanda dun Plan Funcional que poida prever os medios materiais e humanos necesarios “para evitar que se repitan situacións como esta”.

“ATENCIÓN GARANTIDA”

Tras a denuncia da central sindical, fontes da área sanitaria defenderon que a atención urxente ante un agravamento dos pacientes de Conxo está “totalmente garantida”. Así mesmo, lembraron que os pacientes “de gran complexidade” e que, por tanto, “teñen maior posibilidade de necesitar atención nunha UCI”, son ingresados no Clínico.

Nesta liña, estas mesmas fontes argumentaron que “ante as baixas imprevistas” entre o persoal de Medicina Intensiva da área sanitaria, a xerencia acordou concentrar a atención na UCI do Clínico “de forma temporal” co obxectivo de “ser máis eficientes e manter a asistencia de calidade”.

Por todo iso, estipulouse trasladar ao persoal de enfermaría para dar cobertura ao “aumento de camas na UCI do Clínico”, o que, engadiron estas mesmas fontes, “permitirá dar resposta a esta situación inesperada”. Doutra banda, explicou que acordaron crear unha garda específica de atención urxente no Hospital de Conxo atendida por persoal específico.

“Mantense así o compromiso da xerencia de proporcionar unha atención médica de máis alta calidade e seguridade para toda a cidadanía. O traslado da atención da UCI de Conxo ao Clínico é unha medida necesaria para continuar ofrecendo coidados intensivos de calidade ante as circunstancias actuais e puntuais as 24 horas do día”, manifestaron.

Neste contexto, apuntaron que a dirección da área xa mantivo unha reunión coa comisión de centro o pasado 29 de xullo para informar as medidas adoptadas ante esta situación e mantivo informados aos diferentes estamentos profesionais afectados. Así, agradecen a “colaboración e axuda tanto do persoal sanitario como non sanitario dos servizos implicados” e subliñaron que existe “o compromiso da actual dirección de abordar a situación estrutural da UCI da área sanitaria compostelá”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...