InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIODespregan unha pancarta contra Altri na catedral de Santiago

Despregan unha pancarta contra Altri na catedral de Santiago

Escaladores de Greenpeace despregaron na balconada do museo da catedral de Santiago unha pancarta contra o proxecto de fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei: "É unha bomba ecolóxica no corazón de Galicia".

Publicado o

Xornal de Compostela

Escaladores de Greenpeace despregaron na balconada do museo da catedral de Santiago unha pancarta contra o proxecto de fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei. Ante a mira dos turistas que visitaron o Obradoiro, a pancarta, baixo o lema ‘Altri Non’, colgárona no edificio que se sitúa enfronte á sede da presidencia da Xunta, no Pazo de Raxoi.

A acción tamén foi apoiada desde a propia praza por activistas de Ecoloxistas en Acción que portaron unha pancarta na que se puido ler ‘Por unha terra viva. Altri Non’. O coordinador de Greenpeace en Galicia, Manuel Santos, cualificou o proxecto como “unha bomba ecolóxica no corazón de Galicia” e, por tanto, “non debería suceder”.

“Estamos a loitar para impedir esta barbaridade, que é absolutamente inxusta, tanto desde o punto de vista social como ambiental e económica para Galicia, e non é en absoluto necesaria”, esgrimiu Santos. Esta foi outra das protestas que, por mar e terra, levan a cabo diferentes colectivos para protestar contra Altri. Desta forma, Manuel Santos lembrou que este domingo ás 12.00 horas rodearán a Xunta de Galicia, en Santiago.

LORENZANA CUALIFICA O FEITO COMO UN “ATAQUE AO PATRIMONIO HISTÓRICO”

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou como un “ataque ao patrimonio histórico” a protesta que Greenpeace. “Paréceme un pouco paradoxal que unha organización ecoloxista que pretende defender o patrimonio natural use o patrimonio histórico e cultural de Galicia e o ataque desta forma”, sinalou este xoves en Madrid, onde asistiu á clausura da asemblea xeral de Pymar.

A conselleira, incidiu en que o “primeiro que debería facer” a organización ecoloxista “é informarse”. “Eu estou a trasladar estes últimos días a importancia da información e cando se informa, tanto ás organizacións como ás persoas, é absolutamente lexítima calquera tipo de opinión”, apostilou. Lorenzana apuntou que “lle consta” que Greenpeace “non está informado” porque, “a pesar das solicitudes por parte da empresa, non falou coa empresa”. Por tanto, continuou, “información e a partir de aí lexítima calquera opinión”. “Ninguén lle expuxo o proxecto, co cal é importante que cando se fai calquera información sobre un proxecto o faga unha vez teñan toda a información sobre o mesmo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...