InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA directora xeral de Patrimonio Cultural destaca o valor do Camiño de...

A directora xeral de Patrimonio Cultural destaca o valor do Camiño de Santiago en Zaragoza

María del Carmen Martínez resaltou a importancia do Camiño de Santiago en foros estatais

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, participou este mércores en Zaragoza na xornada Patrimonio Cultural Aragonés, onde puxo en valor o Camiño de Santiago xunto con responsables de Castela e León, A Rioxa e Navarra.

Neste contexto, a responsable galega subliñou a importancia de que se fale de Galicia e que cause interese neste tipo de foros en calquera parte do Estado. Isto, afirmou, “reafirma o seu papel na historia e na cultura máis aló das súas fronteiras, cun Camiño de Santiago que representa unha manifestación tan singular do patrimonio cultural tanto material como inmaterial, aportando valor a un conxunto de territorios”.

A programación da xornada centrouse na visibilización do patrimonio cultural e as súas posibilidades, destacando a relevancia da Ruta Xacobea, nas súas diversas variantes, como un elemento esencial dese patrimonio.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...