InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta e a USC colaboran na musealización dos fondos da Facultade...

A Xunta e a USC colaboran na musealización dos fondos da Facultade de Ciencias da Educación

O Museo Pedagóxico de Galicia integrará parte dos fondos da facultade e a Consellería de Educación apoiará o seu 50 aniversario

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela colaborarán na musealización de parte dos fondos da institución académica a través do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), dependente da Consellería de Educación.

Así o acordaron este venres o conselleiro Román Rodríguez e a decana da Facultade de Ciencias da Educación, María del Mar Lorenzo, nunha reunión á que tamén asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez.

Ademais desta colaboración, que se formalizará a través dun convenio específico, no encontro, o conselleiro tamén se comprometeu a que o seu departamento colaborará nos actos de celebración do 50 aniversario da creación da facultade.

Así mesmo, a Consellería de Educación vai dotar á facultade dun Polo Creativo como o que xa dispoñen os centros educativos galegos. Isto vai permitir que o alumnado universitario se familiarice con metodoloxías innovadoras a través destes espazos tecnolóxicos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...