InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello prepara medidas ante un posible corte da captación no Tambre e para evitar que a contaminación poida entrar na rede municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre a evolución da vertedura de xurro procedente de Tordoia, así como unha valoración técnica sobre o seu posible avance cara ao río Tambre e as actuacións que se están a desenvolver para controlar os seus efectos. A petición chega mentres Compostela mantén activo o dispositivo de seguimento ante o risco de que a contaminación afecte á captación da que se abastece a cidade.

A solicitude foi trasladada despois da reunión celebrada a última hora da tarde deste mércores polo comité de coordinación municipal, encargado de avaliar a situación e preparar as actuacións que poidan ser necesarias. Segundo informou o goberno local, o Concello reclama coñecer tanto a previsión de chegada da vertedura ao Tambre como as medidas adoptadas, os sistemas de monitorización e a coordinación operativa entre as administracións e servizos implicados.

Os datos dos que dispón nestes momentos o servizo municipal apuntan a que o avance da contaminación está a producirse de maneira “lenta”. O Concello mantén, con todo, a vixilancia ante a posibilidade de que o xurro acabe alcanzando o curso principal do Tambre e poida aproximarse ao punto de captación que abastece Santiago.

O seguimento municipal prodúcese despois de que a rotura dunha fosa nunha explotación gandeira de Tordoia provocase a chegada do xurro ao río Bustelo e a súa extensión posterior por cursos fluviais que desembocan no Tambre. Augas de Galicia mobilizou medios para os traballos de contención e control e mantén a toma de mostras para determinar o alcance da vertedura.

Ante este escenario, o Concello sinala que xa realizou previsións para afrontar un eventual corte da subministración de auga, no caso de que resulte necesario suspender temporalmente a captación no Tambre. O dispositivo contempla tamén medidas destinadas a protexer a rede municipal fronte á entrada de contaminación e evitar unha perda de presión durante unha posible interrupción do abastecemento.

A actuación dá continuidade ás medidas preventivas adoptadas nas últimas horas en Compostela. O Concello xa decidira suspender os labores de rega e baldeo dos espazos públicos e pedir á cidadanía que limite o consumo de auga ao necesario, co obxectivo de manter os depósitos municipais na súa máxima capacidade ante a eventualidade de ter que deter a captación.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...